Quintana Redonda
Quintana Redonda | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | España | ||
Com. Autónoma | Castela e León | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1.026 msnm | ||
Superficie | 183,92 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 523 hab. (2012) | ||
Densidade | 2,84 hab./km² | ||
Xentilicio | quintanero/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 42291 | ||
Alcalde | Juan Manuel Valero (PSOE) | ||
Páxina oficial |
Quintana Redonda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). censados. A súa poboación é de 523 habitantes (INE 2012).
Xeografía[editar | editar a fonte]
Ocupa unha superficie de 183,92 km². Está situado o concello a uns vinte quilómetros da capital provincial, en dirección suroeste, cara a Berlanga de Duero.
Ademais do seu núcleo principal abrangue outros once lugares ou barrios: La Barbolla, Las Cuevas de Soria, Fuentelaldea, Fuentelárbol, Izana, Los Llamosos, Monasterio, La Revilla de Calatañazor, La Seca e Ventosa de Fuentepinilla.
É unha zona bastante chá, aínda que a unha altitude de 1.000 m. A paisaxe ten agras, ermos, e bosques de piñeiro, carballo e aciñeira, onde se acubillan unha gran variedade de especies animais. Porén, no que máis destaca o concello é na súa produción micolóxica e na olería, confeccionada cunha peculiar arxila negra.
O río Izana cruza o concello. Tamén ten estación de tren.
Xente e historia[editar | editar a fonte]
Ademais dos comúns sitios arqueolóxicos prehistóricos e dunha vila romana, no concello hai seis igrexas románicas dignas de mención, como a da Nosa Señora da Asunción, e un pazo brasonado pertencente á familia González de Gregorio. O persoeiro máis importante que saíu de Quintana Redonda foi Miguel de Antona, o Velasquillo, que foi bufón na corte do rei Filipe II de España.
As festas principais do concello están dedicadas a San Xoán e Santo Urbano, o 24 e 25 de xuño, ademais do San Roque e a Virxe de agosto.