Ágreda
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Soria | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Ágreda | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.133 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 164,93 km² | ||||
| Altitude | 929 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | arcanxo Miguel | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Jesús Manuel Alonso Jiménez (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 42100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 976 | ||||
| Código INE | 42004 | ||||
| Sitio web | agreda.es | ||||
Ágreda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3 167 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 164,93 km².
Ágreda está aos pés do Moncayo, protexida por un terreo escarpado e dividida polo río Queiles, moi apreciado polos romanos. Nos seus 3 500 habitantes, percíbese o movemento fronteirizo que a caracterizou e que a caracteriza: o intercambio comercial e cultural.
Da súa antigüidade celtibera queda constancia o Castro natural de la Muela e algunhas moedas celtibéricas recollidas co nome de Aregrada.
Da época romana fican a pequena ponte de acceso ao Barrio mouro, un anaco de muralla e un par de inscricións.
Da visigótica existe a mención nalgún códice dunha igrexa, a de San Xulián.
