Berlanga de Duero
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Berlanga de Duero | |||
---|---|---|---|
| |||
Vista da localidade | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Com. Autónoma | Castela e León | ||
Provincia | Soria | ||
Comarca | Comunidad de villa y tierra de Berlanga | ||
Xeografía | |||
Altitude | 936 msnm | ||
Superficie | 220,18 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 981 hab. (2012) | ||
Densidade | 4,46 hab./km² | ||
Xentilicio | berlangués/esa | ||
Outros datos | |||
Código postal | 42360 | ||
Alcalde | Jesús María del Carmelo Herrero González (PP) | ||
Páxina oficial |
Berlanga de Duero é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 981 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 220,18 km².
Por ela discorren tres ríos: Douro, Escalote e Talegones.
Ten os Altos de Barahona ao sur, o portillo de Andaluz a tres quilómetros, e o abrazo do Douro.
A súa altura máis significativa, "O Coborrón", protexe o cerro sobre o que se asenta o castelo, pensado tamén como protección.
A importancia histórica da vila compréndese por acharse na liña do Douro, divisoria, durante toda a Idade Media, dos reinos mouros e cristiáns primeiro, e dos casteláns e aragoneses máis tarde. Formaba, xunto coas fortalezas de Gormaz, Osma, San Esteban e Atienza, esa liña que era conquistada unha e outra vez, tanto polos cristiáns como pola cruz.
Barrios[editar | editar a fonte]
Hortezuela, La Estación, Andaluz, Morales, Brías, Paones, Alaló, Abanco, Ciruela, Lumías e mais o despoboado de Cabreriza.
O castelo de Berlanga de Duero[editar | editar a fonte]
O esplendor desta vila chegaría no Renacemento, cando os condestables de Castela, os Fernández de Velasco, duques de Frías e marqueses de Berlanga, foron "premiados" coa comunidade de Vila e Terra, polos servizos prestados á coroa.
Alí sentaron os seus reais, engrandeceron a vila, mandaron construír a colexiata, edificaron a súa propia residencia, refixeron os restos do emblemático castelo, fundaron un mosteiro, un hospital, alzaron o rolo ou picota á entrada para dicir a todo o que pasase, de quen era a vila, a quen se debía respecto e obediencia, quen impoñía e executaba a lei, e, en definitiva, a quen debían pagar os seus impostos os súbditos da maxestade de quenda.
E daquela época son todos os restos que o visitante pode contemplar.
Á entrada, xunto ao silo, álzase maxestoso o rolo gótico, din que o exemplar máis belo e mellor conservado de toda a provincia.
Só desdice a súa situación, sen dúbida a primitiva. No seu día o emblema sería visto desde todos os lugares, pero, co discorrer do tempo edificouse a todo ao redor, escondéndoo á vista do visitante.
Moi próximo a el, o único resto visible do que foi o recinto murado que pechaba a vila: a Porta de Aguilera, na que pode verse, coroando a entrada, unha gran concha do peregrino. Fronte a ela, a ermida das Torres alberga a imaxe do mesmo nome, pola que os berlangueses senten veneración, ofrecéndolle unha festa o 24 de setembro, con poxa de banzos e cánticos no convento. Esta ermida formaba parte do hospital de peregrinos, do que só se conserva a enorme cheminea, ao redor da cal reuníanse os peregrinos para comer unha sopa, quentarse e curar, no seu caso, de feridas e enfermidades.
Ermidas[editar | editar a fonte]
Pásase ao interior de Berlanga pola porta de Aguilera. A praza, moi ben restaurada e amoblada, foi e segue sendo o centro de reunión, de xogos, de festas e bailes; ladaíñas, rogativas e procesións.
Da praza irradian varias rúas. A Real, onde pode verse algún escudo, palacete, as ruínas doutro, e a primeira casa dos Frías, hoxe convertida en hotel.
Outra rúa diríxese ao río Escalote, á arboreda, á "Horta dos morais"; antes estes eran as paraxes de verán dos berlangueses, desde hai anos trasladáronse cara ás piscinas, o polideportivo e o albergue.
Unha rúa máis ascende cara á colexiata. Mandárona edificar os condestables e, para iso, utilizaron as pedras dunhas sete igrexas románicas. Só queda, daquela época, un tímpano colocado sobre a entrada á igrexa do convento. A colexiata, renacente no seu exterior, é gótica por dentro.
Ao pé da mole do castelo poden verse os restos do palacio dos condestables.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |