Reporteiros Sen Fronteiras
| Reporteiros Sen Fronteiras | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF, en francés: Reporters sans frontières) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a protección do dereito á liberdade de información. Describe a súa defensa como baseada na crenza de que todo o mundo require acceso ás novas e á información, en liña co artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que recoñece o dereito a recibir e compartir información sen importar as fronteiras, igual que outras cartas de dereitos internacionais.[1] RSF ten status consultivo nas Nacións Unidas, a UNESCO, o Consello de Europa e a Organización Internacional da Francofonía.[2]
Actividades
[editar | editar a fonte]RSF traballa na defensa de xornalistas individuais en risco e tamén nos niveis altos dos gobernos e dos foros internacionais para defender o dereito á liberdade de expresión e á información. Achega informacións e notas de prensa diarias sobre ameazas á liberdade dos medios de comunicación en francés, inglés, castelán, portugués, árabe, persa e chinés e publica un compendio anual sobre a liberdade de prensa, o índice mundial da liberdade de prensa, que mide o estado da liberdade de prensa en 180 países. A organización proporciona asistencia a xornalistas en risco e adestramento en seguridade física e dixital, ademais de facer campañas para informar o público dos abusos contra os xornalistas e para asegurar a súa seguranza e liberdade. RSF fai presión sobre os gobernos e as organizacións internacionais para adoptar estándares e lexislación de apoio á liberdade dos medios de comunicación e toma accións legais na defensa dos xornalistas ameazados.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]
RSF foi fundada en Montpellier en 1985 por Robert Ménard, Rémy Loury, Jacques Molénat e Émilien Jubineau. Foi rexistrada como unha organización sen ánimo de lucro en 1995.[4] Ménard foi o primeiro secretario xeral de RSF, sucedido por Jean-Francois Juillard. Christophe Deloire foi nomeado secretario xeral en 2012.[5]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A sede central de RSF está en París. Ten trece oficinas rexionais e nacionais, incluíndo Bruxelas, Londres, Washington, Berlín, Río de Xaneiro e Dakar, e unha rede de 146 correspondentes.[6] Emprega 57 persoas asalariadas en París e internacionalmente.[7] Un cadro directivo, elixido entre os membros de RSF, aproba as políticas da organización.[8] Un consello internacional supervisa as actividades da organización e aprova as contas e o orzamento.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ RSF Annual Report 2018, p5
- ↑ "Presentation, Reporters Without Borders (RSF), for freedom of information". RSF. 2016-01-22. Consultado o 20 de febreiro de 2020.
- ↑ RSF Annual Report 2018, pp14-16
- ↑ "RSF Presentation". RSF. 2016-01-22. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Christophe Deloire appointed Reporters Without Borders director-general". RSF. 2012-05-21. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ RSF Annual Report 2018, pp51-52
- ↑ RSF Annual Report 2018, p10
- ↑ "Administration Board". RSF. 2016-07-26. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "International Council". RSF. 2016-07-26. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reporteiros Sen Fronteiras |