Portal:Opera/Selección de aniversarios
Aparencia
Aquí pode verse a selección dos aniversarios mensuais no portal da ópera:
Xaneiro
[editar a fonte]Portal:Ópera/Selección de aniversarios/xaneiro
Febreiro
[editar a fonte]Portal:Ópera/Selección de aniversarios/febreiro
Marzo
[editar a fonte]- 1 de marzo de 2010 – A ópera de Kaija Saariaho Émilie é estreada na Opéra de Lyon con Karita Mattila no papel protagonista.
- 2 de marzo de 1961 – Simone Young (na imaxe), a primeira muller en dirixir na Wiener Staatsoper, nace en Sydney (Australia).
- 6 de marzo de 1853 – Fanny Salvini-Donatelli preséntase como estrela na estrea mundial de La traviata de Giuseppe Verdi.
- 16 de marzo de 1894 – Sibyl Sanderson canta o papel protagonista na estrea mundial da ópera de Massenet Thaïs.
- 17 de marzo de 1665 – Élisabeth Jacquet nace en París. A súa Céphale et Procris foi a primeira ópera composta por unha muller para a Opéra de Paris.
- 20 de marzo de 1952 – Birgitta Svendén, mezzo-soprano e directora xeral da Kungliga Operan (Real Ópera de Suecia), nace en Porjus (Suecia).
- 23 de marzo de 2006 – Sarah Caldwell, directora de ópera, empresaria e directora de escena estadounidense, morre en Portland (Maine, Estados Unidos.
- 28 de marzo de 1911 – Myfanwy Piper, a libretista das óperas de Benjamin Britten The Turn of the Screw, Owen Wingrave, e Death in Venice nace en Londres.
Abril
[editar a fonte]- 3 de abril de 1925 – Jean de Reszke (na imaxe), un dos tenores máis importantes de finais do século XIX, morre en Niza aos 75 anos.
- 12 de abril de 2008 – O Rei Harald V de Noruega inaugura oficialmente a Operahuset i Oslo.
- 13 de abril de 1845 – Richard Wagner remata a partitura de Tannhäuser.
- 14 de abril de 1759 – O compositor barroco Georg Friedrich Händel, famoso polas súas óperas, oratorios, e concerti grossi morre en Londres aos 74 anos.
- 21 de abril de 1889 – A segunda ópera de Puccini, Edgar, é estreada no Teatro alla Scala de Milán.
- 23 de abril de 1857 – Ruggero Leoncavallo, o compositor de Pagliacci, nace en Nápoles.
- 26 de abril de 1951 - A ópera de Ralph Vaughan Williams The Pilgrim's Progress é estreada en Londres con Inia Te Wiata as John Bunyan.
- 29 de abril de 1774 – A soprano austríaca Anna Gottlieb, a primeira Pamina na ópera de Mozart Die Zauberflöte, nace en Viena.
Maio
[editar a fonte]- 3 de maio de 2005 – A ópera de Lorin Maazel 1984 estréase na Royal Opera House de Londres.
- 5 de maio de 1726 – A ópera de Händel Alessandro é esteada no King's Theatre de Londres co aclamado castrato italiano Senesino no papel protagonista.
- 8 de maio de 1895 – Henry Clifford, unha ópera do compositor español Isaac Albéniz, estréase no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
- 10 de maio de 1901 – O tenor alemán Max Lorenz, un famoso intérprete wagneriano, nace en Düsseldorf.
- 18 de maio de 1910 – A cantante de ópera e compositora francesa Pauline Viardot morre en París aos 89 anos.
- 19 de maio de 1894 – A última ópera de Verdi, Falstaff, é estreada no Reino Unido con Arturo Pessina no papel protagonista.
- 22 de maio de 1813 – O compositor Richard Wagner (na imaxe) nace en Leipzig. Vinte anos despois finaliza a súa primeira ópera, Die Feen.
- 25 de maio de 1869 – A Wiener Staatsoper é inaugurada oficialmente coa representación de Don Giovanni de Mozart.
Xuño
[editar a fonte]- 3 de xuño de 1875 – Georges Bizet, o compositor de Carmen, morre en Bougival (Francia), aos 36 anos.
- 4 de xuño de 1966 – A mezzosoprano italiana Cecilia Bartoli nace en Roma.
- 6 de xuño de 1928 – Die ägyptische Helena de Richard Strauss é estreada na Semperoper de Dresde.
- 11 de xuño de 1913 – A popular mezzosoprano estadounidense Risë Stevens nace en Nova York.
- 13 de xuño de 1801 – O vienés Theater an der Wien é oficialmente inaugurado. Entre as estreas mundial que acolleu o teatro destacan Fidelio de Beethoven e Die lustige Witwe de Franz Lehár.
- 14 de xuño de 1884 – O destacado tenor irlandés John McCormack (na imaxe) nace en Athlone.
- 21 de xuño de 1868 – Estrea mundial da ópera de Richard Wagner Die Meistersinger von Nürnberg no Nationaltheater München dirixida por Hans von Bülow.
- 22 de xuño de 1910 – O tenor británico Sir Peter Pears nace en Farnham (Surrey). Pears interpretou os papeis principais de tenor das óperas de Benjamin Britten Peter Grimes, Albert Herring, Billy Budd, The Turn of the Screw e Death in Venice.
Xullo
[editar a fonte]- 1 de xullo de 1995 – Powder Her Face, unha ópera de Thomas Adès e baseada na escandalosa vida de Margaret, Duquesa de Argyll, é estreada no Cheltenham Music Festival.
- 5 de xullo de 1953 - Titta Ruffo, considerado un dos mellores barítonos italianos da súa xeración, morre en Florencia aos 76 anos.
- 6 de xullo de 1845 – A soprano Ángela Peralta, unha figura destacada da vida operística do século XIX en México, nace en Cidade de México.
- 11 de xullo de 1937 - George Gershwin, o compositor de Porgy and Bess, morre nos Ánxeles aos 38 anos.
- 13 de xullo de 1924 – O tenor italiano Carlo Bergonzi, admirado polo seu timbre e o seu fraseo elegante, nace en Vidalenzo, preto de Parma.
- 17 de xullo de 1852 – Salvadore Cammarano, que escribiu o libreto para a ópera de Donizetti Lucia di Lammermoor, morre no seu Nápoles natal aos 51 anos.
- 22 de xullo de 1847 – A ópera de Verdi I masnadieri é estreada no Her Majesty's Theatre de Londres. A representación foi dirixida polo propio Verdi, con Jenny Lind (na imaxe) cantando o papel de Amalia.
- 30 de xullo de 1793 – O Teatro Nacional de São Carlos de Lisboa, o principal teatro de ópera de Portugal, é inaugurado pola Raíña Maria I de Portugal.
Agosto
[editar a fonte]- 1 de agosto de 1831 – Nace o gran barítono italiano Antonio Cotogni.
- 2 de agosto de 1921 – O famoso tenor italiano Enrico Caruso morre en Nápoles, a cidade na que naceu, aos 48 anos.
- 3 de agosto de 1778 – Inaugúrase o Teatro alla Scala de Milán, o principal teatro de ópera de Italia, coa representada da ópera de Salieri Europa riconosciuta.
- 13 de agosto de 1876 – O Bayreuth Festspielhaus é inaugurado cunha representación de Das Rheingold.
- 22 de agosto de 1862 – Claude Debussy, o compositor de Pelléas et Mélisande, nace en Saint-Germain-en-Laye.
- 24 de agosto de 1817 – A soprano Nancy Storace (na imaxe), que encarnou a Susanna na ópera de Mozart Le nozze di Figaro, morre en Londres aos 50 anos.
- 27 de agosto de 1868 – O tenor dinamarqués Erik Schmedes, especialmente coñecido polas súas interpretacións de óperas de Wagner, nace en Gentofte, preto de Copenhague.
- 28 de agosto de 1850 – A ópera de Richard Wagner, Lohengrin, é estreada na Staatskapelle de Weimar nunha representación dirixida por Franz Liszt.
- 30 August 1953 – Gaetano Merola, o director italiano e fundador da San Francisco Opera, morre en San Francisco cando dirixía unha representación de Madama Butterfly.
Setembro
[editar a fonte]- 1 de setembro de 1854 – O compositor alemán Engelbert Humperdinck, coñecido principalmente pola súa ópera Hänsel und Gretel, nace en Siegburg.
- 10 de setembro de 2009 – Celébrase o 350º aniversario de Henry Purcell (na imaxe), o compositor de algunhas das primeiras óperas en inglés como Dido and Aeneas, King Arthur, ou The Fairy-Queen.
- 14 de setembro de 1872 – O Teatro Dal Verme abre as súas portas en Milán. O teatro viu as estreas mundiais das óperas de Puccini Le Villi en 1884 e Pagliacci de Leoncavallo en 1892.
- 16 de setembro de 1977 – A destacada soprano grega Maria Callas, morre en París aos 53 anos.
- 23 de setembro de 1835 – O compositor italiano de bel canto Vincenzo Bellini, entre cuxas óperas destacan La sonnambula, I puritani, ou Norma, morre en París aos 34 anos.
- 25 de setembro de 1886 – A ópera cómica de Alfred Cellier Dorothy estréase no Gaiety Theatre de Londres con Marion Hood no papel protagonista.
- 28 de setembro de 1968 – Debuta na Metropolitan Opera Plácido Domingo, un dos máis famosos tenores españois, ao substituír a Franco Corelli na ópera de Cilea Adriana Lecouvreur.
- 30 de setembro de 1791 – A ópera de Mozart Die Zauberflöte estréase no Theater auf der Wieden de Viena.
Outubro
[editar a fonte]- 15 de outubro de 1932 – A San Francisco Opera inaugura o War Memorial Opera House cunha representación de Tosca. Claudia Muzio (na imaxe) cantou o papel protagonista.
- 18 de outubro de 1810 – O destacado tenor italiano Mario (Cavalier Giovanni Matteo de Candia, Marqués de Candia) nace en Cagliari.
- 19 de outubro de 1701 – La púrpura de la rosa, a primeira ópera coñecida composta e representada no continente americano, estréase no Palacio do Vicerrei en Lima, Perú.
- 20 de outubro de 1973 – A Sydney Opera House é formalemente inaugurada pola Raíña Isabel II.
- 22 de outubro de 1987 – Estrea mundial da ópera de John Adams Nixon in China na Houston Grand Opera nunha produción de Peter Sellars con coreografía de Mark Morris.
- 24 de outubro de 1948 – Franz Lehár, o compositor de Die lustige Witwe, morre en Bad Ischl, Austria.
- 27 de outubro de 1922 – Rita Fornia, a soprano para a que foi creado o papel da abadesa na ópera de Puccini Suor Angelica, morre en París aos 44 anos.
- 29 de outubro de 1787 – A ópera de Mozart Don Giovanni é estreada no Teatro Estatal de Praga, con Luigi Bassi no papel protagonista.
Novembro
[editar a fonte]Portal:Ópera/Selección de aniversarios/novembro