Saltar ao contido

Saint-Germain-en-Laye

Saint-Germain-en-Laye
 Nome orixinal
    Saint-Germain-en-Laye (fr) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Saint-Germain-en-Laye (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Xefe do goberno
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1020 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
44.753 (2017) censo
44.750 (2018) censo
44.806 (2019) censo
44.410 (2020) censo
44.380 (2021) censo
45.286 (2022) censo
45.931 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   51,94 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal78100 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap9165902 Editar o valor en Wikidata
VIAF157859625 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0k2fj Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: villesaintgermainenlaye Instagram: villesaintgermainenlaye Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Saint-Germain-en-Laye é unha comuna francesa e cidade do departamento de Yvelines, na rexión da Illa de Francia.

O municipio é na actualidade unha subprefectura, e a sede administrativa do distrito de Saint-Germain-en-Laye e a capital do cantón de Saint-Germain-en-Laye.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada a unha altitude entre os 22 e os 176 msnm, ocupa unha extensión de 53,09 km².[1]

A 1 de xaneiro de 2018 contaba cunha poboación de 44 750 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 843 hab./km².[Cómpre referencia]

Saint-Germain-en-Laye é alcumado como o "maior centro comercial ao aire libre ao oeste de París", xa que conta con máis de 800 tendas, a maioría delas situadas no centro histórico.[2]

Saint-Germain-en-Laye é a sede de Ford France, e das filiais francesas de Bose Corporation e Cargill, entre outras. A estación de tratamento de augas residuais Sena-Aval do Syndicat interdépartemental pour l'assainissement de l'agglomération parisienne (SIAAP), a depuradora de augas residuais maior da área de París, está en funcionamento desde 1940 e trata unha media de 1,5 millóns de m³ de auga por día.[3]

A agricultura só xoga un papel moi pequeno na economía do municipio.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Serie de poboación histórica de Saint-Germain-en-Laye
(Fonte/s: INSEE)
Ano1793180018461866187218961901191119211931194619681975198219992007
Poboación13 4008 95413 48817 47822 86216 48917 29718 34420 00821 99622 01338 30837 50938 49938 42341 517

Saint-Germain-en-Laye foi fundada en 1020 cando o rei Roberto o Piadoso (996–1031) fundou un convento no lugar da actual igrexa de Saint-Germain. Antes da Revolución francesa en 1789 foi unha cidade real, e a residencia de numerosos monarcas franceses.

O vello castelo de Saint-Germain-en-Laye foi construído en 1348 polo rei Carlos V sobre a base dun castelo máis antigo que databa da época de Lois IX, san Lois, en 1238. A Francisco I débese l restauración seguinte, e despois os reis Henrique IV e Lois XIII deixaron as súas pegadas na cidade.

Lois XIV naceu alí, e converteuna na súa residencia principal de 1661 a 1681. Lois XIV recibiu no castelo ao seu curmán, o rei Xacobe II Estuardo, cando volveu do seu exilio en Gran Bretaña. O rei Xacobe viviu no castelo durante 13 anos, a a súa filla Luísa Maria Estuardo naceu alí en 1692. Os seus restos repousan na igrexa da cidade.

Durante a Revolución francesa cambióuselle o nome, como a moitas outras cidades cuxos nomes teiñan connotacións de igrexa ou realeza. Saint-Germain-en-Laye transformouse en Montagne-du-Bon-Air.

No século XIX, Napoleón estableceu a súa escola de oficiais de cabalaría no Castelo Vello. En 1867 Napoleón III construíu o Museo de Antigüidades Nacionais, no que se expoñen obxectos procedentes desde o paleolítico até a época merovinxia.

O 10 de setembro de 1919 asinouse no castelo o Tratado de Saint-Germain. Este tratado estableceu a paz entre os aliados da Tripla Entente e Austria, e consagrou a desaparición da Monarquía Austro-Húngara.

Durante a ocupación nazi, desde 1940 até 1944, foi o Cuartel Xeral da Wehrmacht en Francia.

Creación da comuna

[editar | editar a fonte]

A comuna creouse o 1 de xaneiro de 2019 ao fusionarse os municipios anteriormente independentes de Saint-Germain-en-Laye e Fourqueux, que desde entón teñen o status de Communes déléguées. A sede administrativa está en Saint-Germain-en-Laye.[4]

  1. 1 2 Saint-Germain-en-Laye en cassini.ehess.fr.
  2. ↑ "Le plus grand centre commercial à ciel ouvert de l’ouest parisien". Oficina do Comercio de Saint-Germain-en-Laye. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021.
  3. ↑ "Seine Aval". SIAAP. Consultado o 23 de xullo de 2021.
  4. ↑ Recueil des actes administratifs Yvelines. Consultado o 23 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Le Patrimoine des Communes des Yvelines. París: Flohic Editions, 2000, ISBN 2-8423-4070-1, pp. 844–881.