Saltar ao contido

Dido and Aeneas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dido and Aeneas
 Título
    Dido and Aeneas (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Movemento
 Baseado en
 Edicións
(1689) Dido and Aeneas (en) Traducir en lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
 Discografía
 Lingua
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Fundación / creación
1688 Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
1688 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF204903120 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02_lnx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
IMSLP: Dido_and_Aeneas,_Z.626_(Purcell,_Henry) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Dido and Aeneas (en galego, Dido e Eneas) é unha ópera en tres actos con música de Henry Purcell e libreto en inglés do dramaturgo e poeta Nahum Tate (1652-1715), baseado na súa traxedia Brutus of Alba or The Enchanted Lovers e no canto IV de Eneida de Virxilio.[1] Foi composta en 1682 e posúe número de catálogo Z. 626.[2]

Relata a historia de amor entre Dido, raíña de Cartago e o heroe troiano Eneas, e a súa desesperación cando a abandona. Unha obra monumental na ópera barroca, lémbrase como unha das máis destacadas obras teatrais de Purcell.[1] Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell e encóntrase entre as primeiras óperas inglesas, e debe moito a Venus and Adonis, ópera de John Blow, tanto en estrutura como no efecto xeral.[1]

É unha das óperas máis importantes do Barroco e está considerada como a primeira ópera nacional inglesa. Pode considerarse como a única ópera -no sentido estrito do xénero- verdadeira de Purcell, se se compara con outras obras como King Arthur (1691) ou The Fairy Queen (1692), que responden ao perfil de semióperas. Dido e Eneas é un dos dramas máis coñecidos de Purcell e quizais de toda a produción inglesa.

A primeira representación tivo lugar na escola de rapazas de Josias Priest en Londres non máis tarde do verán de 1688. A estrea comercial foi en Londres a principios de 1700.

  1. 1 2 3 Price en Grove
  2. "Z" refírese ao catálogo de Zimmerman das obras de Purcell polo musicólogo estadounidense Franklin B. Zimmerman

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.