Jenny Lind
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de outubro de 1820 Estocolmo |
| Morte | 2 de novembro de 1887 Malvern |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Great Malvern Cemetery (en) Great Malvern |
| Relixión | Luteranismo |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, profesora de música, cantante de ópera, actriz de teatro |
| Período de actividade | 1838 |
| Empregador | Universidade de Londres |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música clásica e ópera |
| Profesores | Manuel García (pt) |
| Alumnos | Liza Lehman |
| Influencias | |
| Tesitura | Soprano coloratura |
| Instrumento | Voz |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Otto Goldschmidt (1852–valor descoñecido) |
| Fillos | Walter Otto Goldschmidt, Jenny Maria Catharina Goldschmidt, Ernest Goldschmidt |
| Pais | Nils Johan Lind |
| Cronoloxía | |
| Jenny Lind tour of America, 1850–52 (en) | |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Nordisk familjebok Dictionary of National Biography |
Johanna Maria Lind (máis coñecida como Jenny Lind), nada o 6 de outubro de 1820 en Estocolmo (Suecia) e finada en Malvern (Inglaterra) o 2 de novembro de 1887, foi unha soprano sueca admirada pola súa axilidade e control vocais, así como pola pureza e naturalidade do seu canto.[1] Con tan só 10 anos foi aceptada como alumna na Kungliga Operan (Real Ópera de Suecia) e adoptou o nome artístico de Jenny Lind. O debut de Lind tivo lugar na súa cidade natal en 1838 nunha representación de Der Freischütz, e logo de ser cantante na corte sueca e membro da Real Academia Sueca da Música, Lind marchou estudar a París con Manuel García en 1841.[1][2] Lind era coñecida co sobrenome do "reiseñor sueco" e antes dos 30 anos xa triunfara nas grandes capitais de Europa.[3]
En Chopin and The Swedish Nightingale, Cecilia e Jens Jorgensen afirman que a soprano sueca mantivo un romance co compositor polonés Frédéric Chopin durante a xira británica que Lind realizou en 1848 e que mesmo pensaron en casar na primavera do ano seguinte.[2]
Residente en Londres co seu home, o pianista alemán Otto Goldschmidt, ambos foron unha peza fundamental na formación de The Bach Choir. En 1883 retirouse a Wynds Point, onde morreu catro anos despois, sendo enterrada no cemiterio de Great Malvern.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Jenny Lind. Swedish singer" (en inglés). Encyclopædia Britannica. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- 1 2 3 "Jenny Lind's life" (en inglés). jennylind.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2017. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ "People & Events: Jenny Lind, 1820-1887" (en inglés). pbs.org. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |