Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I puritani
Título
I puritani (it)
Xénero artístico
Forma artística
Baseado en
Discografía
Obra derivada
Lingua
Compositor/a
Libretista
Guionista
Data de publicación
século XIX
Data de estrea
24 de xaneiro de 1835
Número de partes
3
2
Lugar estrea
País de orixe
Wikidata C:Commons
I puritani (en galego Os puritanos ) é unha ópera en tres actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Carlo Pepoli , baseado no drama Têtes rondes et cavaliers de Jacques-François Ancelot e Xavier Boniface Saintine . Algúns indican que o libreto tamén está baseado na novela Old Mortality de Walter Scott , mais outros só encontran relación co lugar e os feitos políticos que son narrados. Foi estreada o 24 de xaneiro de 1835 no Théâtre Italien de París . Ao mesmo tempo, Bellini compuxo unha versión alternativa pensada para a famosa cantante María Malibrán , debería ser representada en Nápoles e que, porén, non foi representada ata o 10 de abril de 1986 no Teatro Petruzzelli de Bari . Foi a última obra do compositor, que morreu 8 meses despois da súa estrea.
A ópera narra o drama amoroso de Elvira e Arturo en plena revolución entre os puritanos , partidarios de Oliver Cromwell , e os realistas que apoiaban á casa de Estuardo .
A pesar de que o libreto é cértamente confuso e pouco crible, a música de Bellini está entre a máis coidada e bela que escribiu. A foi o resultado do desexo de Bellini de compoñer unha ópera para o público parisiense. Para esta tarefa recibiu o apoio de Rossini , que daquela triunfaba en París.
Personaxe
Tesitura
Elenco na estrea, 24 de xaneiro de 1835 [ 1] (Director: )
Lord Arturo Talbo[ 2]
tenor
Giovanni Battista Rubini
Elvira, prometida de Arturo
soprano
Giulia Grisi
Sir Riccardo Forth, o líder puritano namorado de Elvira
barítono
Antonio Tamburini
Sir Giorgio Valton,[ 3] tío de Elvira
baixo
Luigi Lablache
Lord Gualtiero Valton, pai de Elvira e irmán de Giorgio
baixo
Luigi Profeti
Sir Bruno Robertson
tenor
M. Magliano
Enrichetta di Francia , viúva de Carlos I
mezzosoprano
Maria Amigo
Soldados, heraldos, portaestandartes, puritanos, damas e cabaleiros, paxes, sirvientes
↑ Lista Casaglia do elenco na estrea
↑ O apelido "Talbo" no libreto é unha substitución de "Talbot" na obra de Ancelot e Saintine.
↑ O apelido "Valton" no libreto é unha substitución de "Walton" na obra de Ancelot e Saintine.