Articulacións tibio-peroneas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As articulacións tibio-peroneas son dúas articulacións por perna, unha superior e outra inferior.

Superficies articulares[editar | editar a fonte]

  • Articulación superior:
    • Cara externa da epífise superior tibial
    • Cara interna da epífise superior do peroné
  • Articulación inferior:
    • Bordo externo da epífise inferior da tibia
    • Bordo interno da epífise inferior do peroné

Ligamentos da articulación[editar | editar a fonte]

Hai tres ligamentos por articulación:

  • Cápsula articular, pouco desenvolvida
  • Ligamento de reforzo anterior
  • Ligamento de reforzo posterior

Mecánica funcional[editar | editar a fonte]

Ambas son dúas pequenas artrodias con movementos de deslizamento pouco importantes.