Pedro Eanes Solaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedr' Eanes Solaz (Tamén, Pero Eanes Solaz, Pedro Eanes Solaz e Pedro Anes Solaz) foi un trobador galego do século XIII.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Non se conserva ningún dato biográfico seu. Intúese a súa orixe galega, concretamente en Pontevedra, por unha cantiga de amor na que expresa o seu propio namoramento e contén referencias a un convento de Nogueira.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse sete obras: tres cantigas de amigo, dúas cantigas de añor e dúas cantigas de escarnio e maldicir.[3] Unha das súas maiores contribucións á lírica galego-portuguesa é a frase “edoi lelia doura”, á que Rip Cohen e Federico Corrente[4] atribúenlle orixe árabe e traducen coma: E hoxe tócame a min. Este poema foi versionado por José Mário Branco[5] e Amancio Prada.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-16. 
  2. "Pedro Eanes Solaz - Xacopedia". xacopedia.com. Consultado o 2021-08-16. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-16. 
  4. "AHLM: Boletín Bibliográfico". www.ahlmboletin.es. Consultado o 2021-08-16. 
  5. "Pedro Eanes Solaz | Arquivo José Mário Branco". arquivojosemariobranco.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-16. 
  6. "Lelia Doura (1980) – Amancio Prada" (en castelán). Consultado o 2021-08-16.