Campina Grande
| Himno | Hino do município de Campina Grande (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Paraíba | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 419.379 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 594,182 km² | ||||
| Altitude | 560 m | ||||
| Comparte fronteira con | Boqueirão (pt) Fagundes (pt) Ingá (pt) Lagoa Seca (pt) Massaranduba (pt) Boa Vista (pt) Caturité (pt) Puxinanã (pt) Pocinhos (pt) Queimadas (pt) Riachão do Bacamarte (pt) | ||||
| Creación | 1864 | ||||
| Santo padrón | Inmaculada Concepción | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | câmara municipal de Campina Grande (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Prefixo telefónico | 083 | ||||
| Código de concello do Brasil | 2504009 | ||||
| Sitio web | camaracg.com.br | ||||
Campina Grande é un municipio brasileiro do estado da Paraíba, considerado un dos principais centros industriais da Rexión Nordeste e un dos maiores centros tecnolóxicos da América Latina.[1] Foi fundada o 1 de decembro de 1697 e alcanzou a categoría de cidade o 11 de outubro de 1864. Pertence á Rexión Xeográfica Inmediata de Campina Grande e á Rexión Xeográfica Intermedia de Campina Grande. De acordo co censo de 2024 o IBGE, a súa poboación é de 440,939 habitantes, sendo a segunda maior cidade da Paraíba;[2] na súa rexión metropolitana, formada por dezanove municipios, viven unhas 651,619 persoas.
Situada a 128 quilómetros da capital do estado, João Pessoa, Campina Grande é un importante centro universitario, xa que conta con 21 universidades e facultades, das cales tres son públicas. É tamén a cidade con maior número proporcional de doutores do Brasil, 1 para cada 590 habitantes, seis veces superior á media nacional.[3][4] Para alén do ensino superior, o municipio destaca polos seus centros de capacitación para o nivel medio e técnico. Tamén posúe o segundo maior PIB entre os municipios paraibanos, representando o 15.63% do total das riquezas producidas na Paraíba.
Campina Grande é sede de varios eventos culturais de sona, dos que sobresaen os festexos de San Xoán do mes de xuño, o Festival Internacional de Música (FIMUS), o Festival Internacional de Jazz (FIMUS Jazz). Así mesmo, acolle varios eventos relixiosos, como o Encontro da Nova Consciencia (ecuménico), o Encontro para a Consciencia Cristiá, e o CRESCER (Encontro da Familia Católica), realizados durante o entroido. Tamén é de interese o Festival de Inverno, entre outros eventos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Campina Grande é citada como oásis de tecnologia por revista americana". Jornal da Paraíba • O Portal de Notícias da Paraíba (en portugués). 2010-02-24. Consultado o 2025-12-16.
- ↑ "População da Paraíba atinge 4,1 milhões em 2024, aponta…". Portal T5 (en portugués). Consultado o 2025-12-16.
- ↑ "Campina Grande celebra seus 150 anos de emancipação política neste sábado (11) - Paraíba Total". Paraíba Total (en portugués). Consultado o 2025-12-16.
- ↑ "Paraíba tem quase 72 doutores para cada cem mil habitantes, diz pesquisa". Paraíba (en portugués). 2014-10-21. Consultado o 2025-12-16.
