Borja Agirretxu
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (eu) Francisco de Borja Agirretxu Barreiro 25 de agosto de 1968 (56 anos) Getxo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,75 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Francisco de Borja Agirretxu Barreiro, nado en Getxo (Biscaia) o 25 de agosto de 1968, é un futbolista vasco xa retirado. Xogou de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo xuvenil fichou polo Athletic Club de Bilbao. Na tempada 1986/87 debutou co equipo filial, o Bilbao Athletic xogando na Segunda división española. Estivo catro anos no equipo, sendo titular na defensa dos cachorros. Nesa etapa o Bilbao Athletic descendeu a Segunda División B e rcuperou a categoría de prata. A mediados da tempada 1989/90 foi requirido polo primeiro equipo, adestrado por Txetxu Rojo. Debutou na primeira división o 21 de xaneiro de 1990 no derbi vasco ante a Real Sociedad no Estadio de Atotxa. Nesa tempada Agirretxu xogou 17 partidos de liga. De cara á seguinte tempada foille renovado o contrato, pero foi cedido ao Real Valladolid, onde só xogou 4 partidos oficiais (2 deles de liga).
Agirretxu xogou durante 6 tempadas en Vigo, entre 1991 e 1997, se ben só foi titular indiscutible nas dúas primeiras campañas. Na tempada 1992/93 foi cedido ao Celta de Vigo, que xogou esa tempada en segunda división adestrado por Txetxu Rojo. Deputou no Estadio de Balaídos ante a UE Lleida, con vitoria celeste por 3-0. Ese ano o equipo acadou o ascenso a primeira división, logo de que Agirretxu xogase 34 partidos de liga. Tras esa primeira tempada cedido, fichou polo Celta, quedando desvinculado do Athletic.
Na tempada 1992/93 Agirretxu xogou 33 partidos de Liga e o equipo logrou a permanencia. Na tempada 1993/94 o Celta chegou á final da Copa do Rei, que perdeu na quenda de penalties ante o Real Zaragoza logo de empataren a cero goles, se ben Agirretxu non xogou ese partido. Trala marcha de Txextu Rojo chegou como adestrador Carlos Aimar. O 7 de maio de 1995 Agirretxu meteu o seu primeiro gol co equipo vigués, ante o Valladolid en Balaídos. Nas tres tempadas seguintes non foi titular indiscutible, pero xogou bastantes partidos. Neses tres anos o equipo acadou a permanencia.
Na tempada 1996/97 estaba a ser titular indiscutible na primeira metade da tempada. Porén, o 4 de xaneiro de 1997 deu positivo por nandrolona nun control antidopaxe, logo dun Valladolid-Celta. O caso deuse a coñecer a comezos de febreiro, e o futbolista non volveu xogar co equipo celeste. O seu último partido foi na xornada 21, fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.
Agirretxu foi o primeiro positivo por dopaxe sancionado na Primeira división española. Ao rematar a tempada o Tribunal de Disciplina Deportiva impúxolle unha sanción de seis meses de suspensión. A sanción por consumo de nandrolona está tipificada cun mínimo de dous anos de inactividade, mais houbo atenuantes por unha serie de defectos de forma[1]. Agirretxu negou sempre que tomase nandrolona de forma consciente. Inicialmente achacou o positivo a unhas pílulas que tomaba para evitar a caída do cabelo[2], e posteriormente culpou do positivo aos servizos médicos do Celta.
Agirretxu fichou pola SD Compostela. Na tempada 1997/98 xogou 11 partidos en primeira división, mais o equipo composteláns perdeu a categoría. Na tempada 1998/99, en segunda división, xogou 32 partidos, e o equipo rematou no posto oitavo. Pouco antes de facer os 31 anos, o futbolista vasco decidiu colgar as botas.
POrén, no ano 2005 Agirretxu volveu aos campos coa SD Leioa en categoría rexional, equipo no que xogou dúas tempadas.
Equipos
[editar | editar a fonte]Club | Ano |
---|---|
Bilbao Athletic | 1986-1990 |
Athletic Club | 1990 |
Real Valladolid | 1990-1991 |
Celta de Vigo | 1991-1997 |
SD Compostela | 1997-1999 |
SD Leioa | 2005-2007 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Borja Agirretxu, último caso en el fútbol español", artigo en El Mundo, 9 de maio de 2001 (en castelán).
- ↑ "El 90% de los casos positivos de dopaje en el fútbol han quedado sin sanción", artigo en El País, 13 de febreiro de 1997 (en castelán).