Carlos Pérez Álvarez
Carlos Pérez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Pérez Álvarez | ||
Nacido | 1 de novembro de 1971 | ||
Lugar | Vigo | ||
Falecido | 5 de xullo de 2006 | ||
Lugar | Nigrán | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1987–1989 | Celta Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1989–1993 | Celta B | ||
1992–1998 | Celta Vigo | 47 | (3) |
1996–1997 | → Almería (loan) | 21 | (2) |
1998–1999 | Chaves | 27 | (4) |
1999–2001 | Vitória Guimarães | 39 | (0) |
2001–2004 | Nacional de Madeira | 71 | (6) |
2004–2005 | CD Ourense | 26 | (0) |
Selección nacional | |||
1993– | Selección de fútbol sub-21 de España | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlos Pérez Álvarez, nado en Verín o 1 de novembro de 1971 e finado en Nigrán o 5 de xullo de 2006, foi un futbolista galego que xogaba de centrocampista.
Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou boa parte da súa carreira en Portugal. Faleceu nun accidente aos 34 anos[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar nas categorías inferiores do Celta, e en 1993 xogou un partido coa Selección de fútbol sub-21 de España. Porén, só xogou 16 partidos como titular nas tres tempadas que estivo no primeiro equipo, e en 1996 foi cedido á UD Almería que xogaba en segunda división. Xogou 21 partidos e meteu dous goles, pero o club descendeu. Regresou ao Celta na tempada 1997-98, pero non tivo participación e foi traspasado.
Fichou polo Grupo Desportivo de Chaves. Xogou 27 partidos e meteu 4 goles, pero o club descendeu, e fichou por outro equipo do norte de Portugal, o Vitória de Guimarães. Alí estivo dúas tempadas, e en 2001 fichou polo Nacional da Madeira, co que ascendeu á primeira división logo de xogar 19 partidos e meter un gol. Alí estivo dúas tempadas máis, e en 2004 fichou polo CD Ourense, que xogaba na segunda B.
Tiña pensado seguir no mundo do fútbol como adestrador, pero morreu novo nun accidente doméstico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Consternación en el Celta por la muerte de Carlos Pérez", artigo en El Correo Gallego, 7 de xullo de 2006 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en BDFutbol (en castelán).
- Estadísticas en ForaDeJogo (en portugués).
- Nados en 1971
- Nados en Nigrán
- Defensas de fútbol
- Futbolistas da provincia de Pontevedra
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do GD Chaves
- Xogadores do Vitória SC
- Xogadores do CD Nacional
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Finados en 2006