Novela histórica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
A novela histórica é un xénero literario que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor máis coñecido deste xénero sexa Walter Scott ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.
Precursores da novela histórica
[editar | editar a fonte]A primeira novela histórica é Quéreas e Calírroe,[1] un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século -V na que os personaxes ficticios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III un descoñecido (o Pesudo Calístenes) escribiu unha Vida de Alexandre cincocentos anos despois da morte de Alexandre Magno que tería gran repercusión na Idade Media onde se lle coñeceu como o libro de Alexandre; da mesma época é a Vida de Apolonio de Tiana escrita por Filóstrato por encargo da emperatriz Xulia Domna.
A finais da Idade Media o castelán Pedro de Corral escribe a crónica sarracina onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban feitos históricos para as súas ficcións, como William Shakespeare nos seus dramas Xulio César.
Durante o Barroco, a francesa Madeleine de Scudéry publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se estendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado pero con centos de anacronismos. En 1699 François Salignac da Motte Fénelon publica furtivamente Aventuras de Telémaco, viaxes e aventuras escritas cun propósito didáctico xa que o protagonista pasa por moitos países, esta obra tería moitos seguidores e escribíronse moitas novelas baseándose nel, como a Voyage du jeune Anacharsis en Grèce de Jean-Jacques Barthélemy, de gran popularidade que contribuíu á fama da Grecia antiga entre os revolucionarios franceses. Na segunda metade do XVIII publicáronse sen moito éxito, as chamadas novelas de anticuario, na que eruditos despregaban seus coñecementos arqueolóxicos en torno a unha intriga mediocre.
As ficcións barrocas, influenciadas pola novela de Heliodoro, evocaban unha antigüidade puramente decorativa,[2] Chauteaubriand encetaría un novo subxénero ao publicar Os mártires do Cristianismo en 1809.
Historia do xénero
[editar | editar a fonte]Actualmente considérase a Benedikte naubert como a nai da novela histórica[3], esta muller alemá pariu este novo xénero a base de crear tramas en base a feitos históricos con personaxes secundarios de tales feitos pero moi ben ambientados tanto nos costumes como na análise psicolóxica. Walter Scott coñeceu a súa obra xa que era tradutor de alemán e publicaría novelas do mesmo xénero que o levarían á fama estendendo este xénero por todo o mundo[4].
A mediados do XIX o romanticismo foi perdendo adeptos entre as clases altas[5], que foron atraídas polo Realismo, mentres que o resto de clases sociais seguían a demandar esta clase de literatura ao tempo que xurdían os primeiros estudos folclóricos, o que deu material(personaxes e tramas) a novela histórica nos seus respectivos países; porén algúns autores realistas usaron o xénero como Flaubert e Dickens. A principios do XX o xénero foise abandonando ao mudar os gustos, trala primeira guerra mundial víronse aínda mais criticadas aínda así o xénero continuou, abandonouse o medievalismo polos subxéneros das novelas sobre Grecia e Roma, e como o máis exótico sobre o Exipto antigo, tendo especial relevancia aquelas nas que se daba o conflito entre paganismo e cristianismo[6].
Na segunda metade do século XX a novela histórica comezou a explorar outros mundos alleos ao mundo grecorromano e medieval, publicáronse novelas históricas sobre os viquingos, sobre Bizancio e mesmo sobre os pobos prerromanos na Penínsua Ibérica. Algunhas incluso trataron sobre feitos recentes, como a Guerra civil española de 1936 vista desde ambos bandos e cuxo subxénero chega até hoxe.
Novela histórica na literatura galega
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX comezan a escribirse as primeiras novelas históricas en Galicia, destacando Antonio López Ferreiro, a principios do século XIX algúns versionan obras e temática da historia de Galicia como Ramón Otero Pedrayo, mesmo seguindo a estela de Valle-Inclán. Contra mediados do XX a novela histórica en Galicia mestúrase dando novos froitos dos que Darío Xohán Cabana é seu máximo expoñente.
As épocas preferidas da novela histórica galega son semellantes a do resto de Europa e de España, a grandes trazos tratan sobre a Idade Media e a Guerra civil española e as súas consecuencias, cun pequeno porcentaxe sobre outras épocas, como a Idade Moderna (Xa vai o griffón no vento, Settecento) e Antiga (Ouveade naves de Tarsish!, O demo á orella.).
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Antonio López Ferreiro: A tecedeira de Bonaval
- Alfredo Conde: Xa vai o griffón no vento, María das Batallas.
- Antón Alonso Ríos: O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte
- Manuel Bergueiro: A pecadenta silenzosa
- Xoán Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán,Ouveade Naves de Trasish!
- Eduardo Blanco-Amor: Xente ao lonxe
- Fermín Bouza-Brey: Cabalgadas en Salnés
- Francisco Cabo Pastor: Semprenoiva
- Ricardo Carballo Calero: A xente da Barreira
- Carlos Casares: Ilustrísima
- Ángel del Castillo: A dona das Torres
- Daniel Cortezón: As covas do rei Cintolo
- Manuel Lois Vázquez: A Quinza, A reina loba, Alira de Elfe
- Xan de Masma: ¡A Besta!
- Xosé Miranda: O demo á orella.
- Otero Pedrayo: A romaría de Xelmírez, Fra Vernero, O mesón dos ermos, O señorito da Reboraina, Os camiños da vida
- Heraclio Pérez Placer: Predición
- Francisco Porto Rey: Fermosinda
- Xesús Rábade: Branca de Loboso
- Aurelio Ribalta: O pastor de doña Silvia
- Silvio Santiago: O silencio redimido, Villardevós
- Marcos Calveiro:Settecento
- Florencio Vaamonde: Anxélica
- Ramón de Valenzuela: Era tempo de apandar, Non agardei por ninguén
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Gual, C. La antigüedad novelada ed Anagrama 1995
- ↑ Cavaliere, Mauro (2002): As coordenadas da viagem no tempo: uma contribuição para a teoria da ficção histórica baseada em alguns textos portugueses dos séculos XVI, XIX e XX. Tese de doutoramento. Stockholm: Stockholms Universitet, Institutionen för spanska, portugisiska och latinamerikastudier
- ↑ Frauke Reitemeier: Deutsch-englische Literaturbeziehungen: Der historische Roman Sir Walter Scotts und seine deutschen Vorläufer. Schöningh, Paderborn 2001
- ↑ Lukács, György, A novela histórica,Berlín 1955
- ↑ Álvarez Rodríguez, Román, Origen y evolución de la novela histórica inglesa, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 1983
- ↑ Karimi, Kian-Harald, "Die Historie als Vorratskammer der Kostüme. Der zeitgenössische spanische Roman und die Auseinandersetzung mit der Geschichte vor dem Bürgerkrieg", en: Iberoamericana, 1999, No. 3-4, pp. 5-37