Pori
Coordenadas: 61°29′05″N 21°47′50″L / 61.48472, -21.79722
Pori | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | Finlandia | |
Rexión | Satakunta | |
Subrexión | Pori | |
Xeografía | ||
Superficie | 1.704,06 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 83.303 hab. (2012)[1] | |
Densidade | 99,88 hab./km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Aino-Maija Luukkonen | |
Páxina Oficial |
Pori (en sueco Björneborg, e en latín Arctopolis) é unha cidade de Finlandia, situada no oeste do país, na rexión de Satakunta (da cal é capital). Ten unha poboación de 83.303 habitantes segundo o censo de 2012.
Topónimo[editar | editar a fonte]
O nome Pori vén da palabra borg ("castelo") do nome orixinal en sueco cunha adaptación á pronunciación finesa.[2] O nome en sueco Björneborg significa "castelo do oso", e o nome grego Arctopolis significa "cidade do oso".
Demografía[editar | editar a fonte]
- Fonte:[3]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Río e delta[editar | editar a fonte]
O levantamento xeolóxico logo da idade do xeo foi relatívamente alto na boca do río Kokemäenjoki. En 1558, cando se fundou a cidade, foi situada na beira da baía de Pori. A causa deste levantamento o delta do río comeza agora na fronte da cidade. A área recreativa de Kirjurinluoto está actualmente nunha illa conectada con pontes á terra. O Parque Nacional Urbano de Pori preserva a historia das fases de desenvolvemento da cidade.
Clima[editar | editar a fonte]
![]() (1981-2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima media (°C) | -3 | -3 | 1 | 8 | 14 | 19 | 21 | 20 | 14 | 8 | 2 | -1 | |
Temperatura mínima media (°C) | -8 | -9 | -5 | -1 | 4 | 9 | 12 | 10 | 6 | 3 | -2 | -5 | |
Precipitacións (mm) | 26,6 | 20,7 | 24,1 | 20,6 | 20,0 | 36,9 | 36,2 | 42,5 | 35,5 | 37,4 | 29,6 | 30,2 | |
Fonte: Foreca |
Cultura[editar | editar a fonte]
En Pori encóntrase o Museo de Satakunta, un museo de historia fundado en 1888. O Museo de Satakunta presenta a historia da provincia de Satakunta e da cidade de Pori. O edificio que alberga o museo foi deseñado en 1973.[4] O Museo de Arte de Pori é un museo de arte contemporánea e moderna, inaugurado en 1979 e ten como base as coleccións da coleccionista local de arte e mecenas Maire Gullichsen. A sede do museo encóntrase nunha antiga casa de pesaxe constuida orixinalmente en 1860.[5] Outros museos da cidade son o Museo Rosenlew, que presenta a herdanza industrial da empresa Rosenlew[6] e o museo de historia natural Luontotalo Arkki.[7] Toivo é o centro de renovación do Museo de Satakunta, nel preséntanse xeitos tradicionais de restauración de casas de madeira cunha exhibición dunha casa típica de principios de 1900.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2013.
- ↑ Paikannimet kahdella kielellä – pitkä kulttuuriperinne Arquivado 03 de xuño de 2009 en Wayback Machine. por Peter Slotte en Kotimaisten kielten tutkimuskeskus (16 January 2007) (en finés)
- ↑ Porin kaupungin tilastollinen vuosikirja 2009[Ligazón morta]
- ↑ "Satakunnan Museo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Pori Art Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "Rosenlew Museum" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Luontotalo Arkki" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Rakennuskulttuuritalo Koivo" (en inglés). Cidade de Pori. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 2 de maio de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pori |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina Oficial (en finés) (en inglés)