Etelä-Vantaan Urheilijat
Aparencia
| Etelä-Vantaan Urheilijat | |
|---|---|
| Fundación | 1969 |
| Cidade | |
| Estadio | Myyrmäen jäähalli |
| Cores | Vermello e branco |
Os Etelä-Vantaan Urheilijat, ou simplemente EVU, son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vantaa(Finlandia). O equipo xoga os seus partidos como local no Myyrmäen jäähalli.[1]
Os maiores éxitos do equipo chegaron na categoría feminina. Durante anos as xogadoras do equipo de Vantaa disputaron a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés, sendo un dos equipos fundadores da liga na tempada 1982-83. Na primeira tempada conseguiron a medalla de bronce, á que sumaron posteriormente cinco medallas de prata nos anos 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990.[2] Mais foi na tempada 1988-89 cando chegou o maior éxito do equipo feminino logo de alzarse co campionato finlandés.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "JÄÄHALLIT" (en finés). evu.fi. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 15 de novembro de 2022.
- 1 2 "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). Leijonat.fi. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 15 de novembro de 2022.
- ↑ "1989 EVU" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de novembro de 2022.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)