Anne Haanpää

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anne Haanpää
Nacemento 25 de maio de 1959
Tampere, Finlandia
Peso 72 kg (159 lb; 11 st 5 lb)
Carreira 1982–1998

Anne-Kristiina Haanpää (de solteira Bäckman),[1] nada o 25 de maio de 1959 en Tampere (Finlandia, é unha xogadora finlandeas de hóckey sobre xeo retirada.

Haanpää xogou máis de 200 partidos na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten SM-sarja, e gañou o campionato en oito ocasións: cinco con Ilves de Tampere e tres cos Shakers de Kerava. Coa selección finlandesa Haanpää gañou catro Campionatos de Europa e conseguiu outros catro bronces nos Campionatos do Mundo.[2]

Unha vez finalizada a súa carreira como xogadora, Haanpää exerceu, entre outras cousas, como árbitra.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2014 ingresou no Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés, os Suomen jääkiekkoleijonat co número 227.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tuorilla, Lasse (2021). "Ilves - Women’s Hockey since the 1970s" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  2. Färdig, Jarmo (31 de outubro d 1997). "Anne Haanpää palaa Ilvekseen". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  3. Luikku, Susanna (6 de outubro de 1999). ""Kyllä tämä on harrastus numero yksi"". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 19 de agosto de 2022. 
  4. "Jääkiekkoleijona #227: Anne Haanpää – “Tuomarointi antaa mahdollisuuden olla huipulla”" (en finés). Leijonat.fi. 8 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 19 de agosto de 2022.