Saltar ao contido

Discipline (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discipline
King Crimson Editar o valor en Wikidata
 Título
    Discipline (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Formato de distribución
 Lingua
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
22 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   2.293 s Editar o valor en Wikidata
 Número de partes
   7 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01j9m2d Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
Spotify: 20dTbQRkxuOTkf3SFyaT2m Discogs: 577 Allmusic: mw0000196148 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Discipline é o oitavo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo King Crimson, publicado o 22 de setembro de 1981 a través do selo E.G. Records no Reino Unido e de Warner Bros. Records nos Estados Unidos.[1]

Este traballo foi o primeiro álbum do grupo tras un hiato de sete anos. Só o cofundador e guitarrista Robert Fripp e o batería Bill Bruford permanecían da anterior encarnación, e a eles se lles uniron dous músicos estadounidenses: o guitarrista, vocalista e letrista Adrian Belew e o baixista e corista Tony Levin. O disco presenta un novo son da banda, influenciado polo new wave, o post-punk e a world music, aínda que mantendo o seu carácter experimental, axudando a sentar as bases doque despois se coñecería como rock post-progresivo.[2]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Pouco antes do lanzamento de Red en 1974, o líder de King Crimson, Robert Fripp, decidiu disolver o grupo, declarando nunha entrevista coa revista Trouser Press que "King Crimson acabou por completo. Para sempre".[3][4] No ínterim, tras un breve período de retiro da industria musical, Fripp colaborou con músicos como Brian Eno, Peter Gabriel e David Bowie, e lanzou unha serie de álbums. En 1977 considerouse unha reunión de King Crimson, pero Fripp acabou por rexeitala, polo que os outros dous membros da formación de Red, Bill Bruford e John Wetton, formaron a banda U.K.. En 1979, Fripp lanzou o álbum en solitario Exposure, dando comezo a un período que el mesmo bautizou como o "Drive to 1981" (Rumbo a 1981); este concluíu unha vez que a súa banda, The League of Gentlemen, se disolveu a finais de 1980.[3]

Fripp buscara reunir unha nova banda que lle permitise o "acceso ás ideas máis recentes e actuais, [e] aos mellores músicos" mentres seguía de xira con The League of Gentlemen.[5] Logo recrutou a Bruford, Tony Levin e Adrian Belew para formar a banda Discipline, que actuou en directo cos Lounge Lizards no Reino Unido durante parte de 1981.[6][7] Máis tarde, Fripp optou por cambiar o nome de Discipline a King Crimson tras chegar á conclusión de que "non había dúbida de que a banda que estaba tocando era King Crimson".[5]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Adrian Belew, toda a música composta por Robert Fripp, Adrian Belew, Tony Levin e Bill Bruford.

Cara A
N.º Título Duración
1. "Elephant Talk"   4:43
2. "Frame by Frame"   5:09
3. "Matte Kudasai"   3:47
4. "Indiscipline"   4:33
Cara B
N.º Título Duración
5. "Thela Hun Ginjeet"   6:26
6. "The Sheltering Sky" (Instrumental) 8:22
7. "Discipline" (instrumental) 5:13
  1. ↑ P, Matt (2016-10-10). "King Crimson’s Discipline: 35 Years Old Today". movingtheriver.com (en inglés). Consultado o 2022-12-22.
  2. ↑ Bruford, Bill (2009). Bill Bruford : the autobiography : Yes, King Crimson, Earthworks, and more. (1st ed ed.). London: Jawbone Press. ISBN 978-1-906002-23-7. OCLC 305175178.
  3. 1 2 "Robert Fripp’s Drive To 1981: King Crimson’s Discipline at 40". The Quietus (en inglés). 2021-09-27. Consultado o 2026-05-30.
  4. ↑ Robbins, Ira (2020-07-01). "Robert Fripp Would Like a Word". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2026-05-30.
  5. 1 2 "Robert Fripp's Chocolate Cake Discipline". www.creem.com (en inglés). Consultado o 2026-05-30.
  6. ↑ Fripp, Robert. "DGM HQ The degree to". dgmlive.com. Consultado o 2026-05-30.
  7. ↑ "Robert Fripp's Discipline, the Lounge Lizards: Her Majesty's Theatre, London. By Mick Brown : Articles, reviews and interviews from Rock's Backpages.". www.rocksbackpages.com. Consultado o 2026-05-30.