George Bain
George Bain | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1881 |
Lugar de nacemento | Escocia e Scrabster |
Falecemento | 1968 |
Nacionalidade | Reino Unido |
Ocupación | pintor e artista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
George Bain, nado en 1881 en Scrabster e finado en 1968, foi un profesor de arte, especializado na arte celta e na arte insular.
En 1951 publicou Celtic Art: The Methods of Construction (Arte celta: os métodos de elaboración, publicado pola Ed. Toxosoutos en 2000). Tivo pouca repercusión nun primeiro momento, pero a súa reedición en 1971[1] supuxo unha introdución aos nós celtas, as pedras pictas, o Book of Kells e o Book of Durrow. Describe e ilustra uns 200 exemplos históricos, e dá instrucións detalladas para crear deseños similares de espirais, entretecidos e figuras antropomorfas e zoomorfas, ademais de deseños das letras empregadas na Idade Media.
A súa obra foi seguida polo seu fillo Iain, enxeñeiro, que escribiu os libros Celtic Knotwork e "Celtic Key Patterns[2].
Obra[editar | editar a fonte]
Arte celta: os métodos de elaboración. Ed. Toxosoutos, 2000. ISBN 84-95622-04-1.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Continuum of Celtic Interlace" Arquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., artigo en www.celtarts.com (en inglés).
- ↑ "Celtic Knotwork" Arquivado 20 de xuño de 2009 en Wayback Machine., North Carolina State University (en inglés).