Mateu (nome)
Mateu[1][2] é un nome propio masculino galego. De orixe hebraica, quere dicir "agasallo de Deus". Mateu é unha variante moi común en galego, de feito é a única recollida nos dicionarios tradicionais de galego desde o século XIX.[3] En galego tamén admite a variante Mateo.[4]
En xaneiro de 2023 existían 13 varóns en Galicia co nome Mateu, cunha media de idade de 14,8 anos,[5] e 5.817 co nome Mateo, cunha media de idade de 10,7 anos.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]O nome ten as súas orixes no Novo Testamento, a partir do hebraico, polo nome Μαθθαιος[7] e unha transliteración koiné ao arameo polo diminutivo מתי (Mattay, Maty). Do latín Matthæus, a ortografía do inglés "Matthew" vén directamente desde o francés Matthieu (antes Matheu, forma coincidente en galego antigo). En última instancia, o nome deriva do nome מתתיהו (Matatyahu, Mattathias) ou מתיתיהו (Matityahu, Mattithiah), Mateu significa "don de Yahveh". O nome hebraico é tamén deletreado נתניהו. Tamén é relacionado incluír os nomes (Netanyahu, Nethaniah), cambiados e coas sílabas יהונתן (Yehonatan, Jonathan).
Mateu foi un nome común en Galiza. Mateu o Evanxelista é o padroeiro de varias parroquias, incluso é haxiónimo dunha parroquia galega: San Mateo de Oliveira. San Mateo é tamén un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá.
Santoral
[editar | editar a fonte]San Mateu o Evanxelista. A igrexa católica celebra a súa festa o 21 de setembro; a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.
Na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Polo san Mateu sementa ti e sementarei eu; polo San Miguel semente quen poider; e polo San Luca saca o boi da asuca, en Chantada e Argozón, que en Camba e Deza, inda non.
- Pregúntalle a Mateu que é tan bo como eu!
- Pregúntalle a Mateu que minte como eu!
- San Mateu, vindima ti, vindimarei eu[8].
Persoas
[editar | editar a fonte]- Mateu o Evanxelista, apóstolo de Xesús Cristo.
- Evanxeo de Mateu, (s.I) o primeiro dos evanxeos do Novo testamento.
Galegos
[editar | editar a fonte]- Mestre Mateu, (s.XII) arquitecto e escultor galego artífice do Pórtico da Gloria.
- Premios Mestre Mateo, galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia.
- Mateo de Prado, Cumbraos, Sobrado, 1614, escultor barroco galego.
- Mateo Segade Bugueiro, Traseirexe, San Roman, Santiso, 1605, foi un bispo católico galego.
Outras personalidades
[editar | editar a fonte]- Mateu I de Foix, vizconde de Castellbó e señor de Montcada, s.XIV
- Mateu I Orsini, Malta. s. XIII
- Mateu I Visconti, Señor de Milán. s. XIV
- Mateu II Visconti, Señor de Milán. s. XIV
- Mateu Cantacuzeno, 1325, emperador de Bizancio entre 1353 e 1357.
Variantes
[editar | editar a fonte]Variantes noutras linguas | |
---|---|
Alemán | Mathias, Matthias, Matthäus |
Árabe | متى (Mattā) |
Armenio | Մատթէոս (Mathios) |
Belaruso | Мацей (Maciej) |
Búlgaro | Матей (Matey), Матюш (Matyush), Мато (Mato), Матуш (Matush) |
Castelán | Mateo |
Catalán | Mateu |
Checo | Matěj, Matouš |
Coreano | 매튜, 마태 |
Croata | Matej, Mate, Matija, Matko |
Dinamarqués | Mads, Mattæus, Mathias |
Eslovaco | Matej, Matus |
Esloveno | Matej, Matevž, Matjaž, Matija |
Esperanto | Mateo, Matiaso |
Estoniano | Madis, Mati |
Finés | Matias, Matti |
Francés | Mathieu, Matheu, Matthieu; Mathias, Matthias; Mathis, Matthis |
Gaélico escocés | Maitias |
Galés | Mathew, Mat |
Grego | Matthaios, Maththaios |
Hawaiano | Makaio, Mataio |
Holandés | Matthijs, Mathijs, Mattijs, Mattheus |
Hebraico | Mattai, Mattityahu, Mattithyahu |
Húngaro | Máté, Mátyás |
Inglés | Matthew, Mathew, Matt, Matty, Mattie |
Interlingua | Mattheo |
Irlandés | Maitiú |
Islandés | Matthías |
Italiano | Matteo, Mattia, Maffeo |
Latín | Matthæus |
Letón | Matīss, Matejs, Metjū, Matiass |
Lituano | Matas, Motiejus |
Malayalam | Mathai, Matthai, Mathew, Maatthu, Maathan |
Malaio | Matius |
Noruegués | Matteus |
Polonés | Mateusz, Maciej |
Portugués | Mateus, Matias (actual ortografía), Matheus, Mathias (ortografía arcaica) |
Romanés | Matei |
Ruso | Матвей (Matvei), Матфей (Matfei), Мотя (Motya) |
Serbio | Матија (Matiya) |
Sueco | Matteus, Mattias, Mathias, Mats, Mattis |
Turco | Matta, Mattayıs |
Ucraíno | Матвій (Matviy), Матей (Matey) |
Xaponés | マット (Matto), マシュー (Mashyuu) |
Quenya | Eruanno, Erunno |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16.
- ↑ En Dicionario de Dicionarios da USC.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-16.
- ↑ Nome Mateu na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Mateo na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Novum Testamentum Graece (Nestle-Aland), KATA MAΘΘAION 9:9.
- ↑ Literatura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense