Masada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Masada
Israel-2013-Aerial 21-Masada.jpg
Masada vista dende o leste
[[Ficheiro:
Masada en Israel
Masada
Masada
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Israel.svg Israel
TipoCultural
CriteriosIII, IV, VI
Inscrición2001 (25ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1040

Masada (do hebreo metzuda (מצדה), "fortaleza") é o nome dunha montaña de 440 m sobre o Mar Morto situada no oriente do deserto de Xudea, Israel. A chaira que hai no seu cumio ten unha lonxitude de 600 m e un largo de 300 m.

A súa posición xeográfica e topográfica dálle grandes vantaxes como fortaleza, ao estar está lonxe de calquera poboación e as súas propias defensas naturais. O cumio fortificárao Hérodes o Grande.

Logo da destrución de Xerusalén por Tito no ano 70, 960 celotes, liderados por Elazar ben Yair refuxiáronse na fortaleza, dende onde realizaban ataques contra dos romanos. No ano 73 o gobernador romano de Xudea marchou coa X lexión e púxolle sitio; os celotes preferiron suicidarse antes que se render aos romanos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Plano de Masada, coas estruturas máis notables numeradas (o muro de casamatas e as súas torres non se destacan debido aos seus contornos evidentes):
1. Porta do "Camiño da Serpe"
2. Vivendas dos sicarios
3. Celas dos monxes bizantinos
4. Cisterna
5. Vivendas dos sicarios
6. Baño ritual ( mikve )
7. Porta Sur (porta da cisterna)
8. Vivendas dos sicarios
9. Cisterna subterránea
10. Fortaleza do sur
11. cisterna
12. Palacete
13. Falso Columbarium
14. Taller bizantino de mosaicos
15 e 16. Palacetes
17. Baño público (piscina)
18 a 21. Palacio occidental:
18. Á de servizo
19a e 19b. Área de vivenda
20. Almacéns
21. Edificios administrativos
22. Torre de curtidos
23. Porta bizantina occidental
24. Torres columbaria
25. Sinagoga
26. Capela bizantina
27. Edificio da guarnición
28 a 38. Palacio Norte:
28. Residencia do Comandante
29. Canteira
30. Cuarteis do comandante
31. Torre de vixilancia
32. Edificios administrativos
33. Porta 34a e 34b. Almacéns
35. Baño
36. Porta do foso
de 37 a 39. Residencia de Herodes:
37. Terraza superior
38. Terraza Intermedia
39. Terraza inferior.
Outros puntos de interese:
A. Casamata onde se atoparon varios pergaminos
B. Cuarto do trono de Herodes
C. Mosaico de cores
D. Brecha do muro a través do entrou o exército romano.
E. Tesouro de siclos de prata
F. Lugar onde se atoparon varios pergaminos
G. Estancia onde se atoparon tres esqueletos.

Galería[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jerome Murphy-O'Connor (2008). The Holy Land: An Oxford Archaeological Guide from Earliest Times to 1700. Oxford Archaeological Guides. Oxford: Oxford University Press. p. 385. ISBN 978-0-19-923666-4. Consultado o 12 de agosto de 2016. ... a small, deep, stepped pool with a triangular balcony. The niches for clothes led to its identification as a swimming pool. There are those who prefer to think of it as a ritual bath (mikveh); it may well have been used as such by the Zealots. 
  2. Mikha Livne and Ze'ev Meshel, introduction by Yigael Yadin, maps and pictures by the Masada Archaeological Expedition (1965). Masada (en French). Jerusalem: Direction des parcs nationaux. Piscine hérodienne (Herodian swimming pool) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]