Asedio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cerco")
Representación do asedio dunha cidade medieval

Un asedio ou cerco[1] é a acción militar que consiste en rodear con xente armada un lugar para combatelo, privalo de comunicacións e apoderase del. Asediar implica o bloqueo militar prolongado dunha fortaleza, que adoita ir acompañado do asalto da mesma, co obxectivo da súa conquista mediante a forza ou o desgaste. Ten lugar cando un atacante se atopa cunha cidade ou fortaleza que rexeita a rendición e non pode ser tomada facilmente cun asalto frontal. Normalmente comporta o rodeo do obxectivo marrada e o bloqueo das liñas de abastacemento, e se fose preciso, axudados con maquinaria de asedio, bombardeo de artillería e a construción de túneles subterráneos para superar as fortificacións. O termo provén do latín sĕdĭcum, "asento", derivado de sĕdēre, "sentar".

Na historia, os asedios probablemente xurdiron paralelamente co desenvolvemento das cidades e os grandes centros de poboación. As cidades antigas de Oriente Medio, por exemplo, xa amosan restos arqueolóxicos de murallas fortificadas. Durante o período dos Reinos Combatentes na China, hai probas tanto textuais como arqueolóxicas de asedios prolongados e do emprego de máquinas de asedio contra os defensores da cidade.

Durante o Renacemento e na Idade Moderna, os asedios dominaron a forma de guerra en Europa até o punto que Leonardo da Vinci, por exemplo, acadou gran parte do seu renome mediante o deseño de fortificacións no seu estudio. As campañas medievais xeralmente se deseñaban a través dunha sucesión de asedios. Porén, na era napoleónica, o emprego cada vez maior de canóns moi poderosos reduciu o valor das fortificacións, de xeito que xa nos tempos modernos, as trincheiras substituíon ás murallas, e os búnqueres substituíon ós castelos. Xa no século XX a importancia do asedio clásico foi declinando por mor da chegada da guerra móbil. Unha fortificación concreta deixou de ser tan decisiva como o era antes e, por isto, malia que aínda se facían asedios concretos, xa non eran tan importantes nin tan comúns como o eran antes, sobre todo pola facilidade coa se poden dirixir grandes volumes de poder destrutivo contra un só obxectivo estático.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]