Maurice Harkless
![]() | |
Atlanta Hawks | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 11 de maio de 1993 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Forest Hills (Nova York, Estado de Nova York) South Kent School (South Kent, Connecticut) |
Universidade | St. John's (2011-2012) |
NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 15 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 2012 |
Historial de equipos | |
Orlando Magic (2012–2015) Portland Trail Blazers (2015–2019) Los Angeles Clippers (2019–2020) New York Knicks (2020) Miami Heat (2020–2021) Sacramento Kings (2021–2022) Atlanta Hawks (2022–presente) |
Maurice "Moe" Harkless, nado o 11 de maio de 1993 en Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Instituto e universidade[editar | editar a fonte]
No seu ano coma júnior en Forest Hills, foi nomeado Xogador do Ano polo New York Daily News tras facer 16.5 puntos e 11.5 rebotes por partido. Harkless xogou no South Kent High School no seu último ano e acadou 27.2 puntos, 13.6 rebotes e 4.2 asistencias por partido.[1]
No primeiro ano de Harkless en St. John's, fixo 15.5 puntos e 8.6 rebotes por partido. Foi ademais nomeado Rookie do Ano da Big East Conference. Tras a súa tempada coma freshman, Harkless declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]
Profesional[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, Harkless foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Philadelphia 76ers. O 10 de agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic, no traspaso que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[3]
O 14 de xullo de 2015, Harkless foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[4]
O 6 de xullo de 2019, Harkless foi traspasado ós Los Angeles Clippers como parte dun traspaso entre catro equipos.[5]
O 6 de febreiro de 2020, Harkless foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Marcus Morris, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Jerome Robinson ós Washington Wizards a cambio de Isaiah Thomas.[6]
O 23 de novembro de 2020, Harkless asinou cos Miami Heat.[7]
O 25 de marzo de 2021, Harkless foi traspasado xunto a Chris Silva ós Sacramento Kings a cambio de Nemanja Bjelica.[8]
O 6 de xullo de 2022, Harkless foi traspasado xunto a Justin Holiday, e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio de Kevin Huerter.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Moe Harkless Profile". St. John's University official athletic site. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Moe Harkless leaving St. John's Red Storm early for NBA Draft". espn.go.com. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA. 2012-08-10. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 2012-08-10.
- ↑ "Trail Blazers Acquire Maurice Harkless from Orlando". NBA.com. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015.
- ↑ "L.A. Clippers Acquire Forward Maurice Harkless". NBA.com. 6 de xullo de 2019.
- ↑ "New York Knicks Acquire Harkless and Two Draft Picks". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de febreiro de 2020.
- ↑ "Maurice Harkless Signs With HEAT". NBA.com. 23 de novembro de 2020.
- ↑ "Kings Acquire Maurice Harkless And Chris Silva". NBA.com. 25 de marzo de 2021.
- ↑ "Kings Acquire Kevin Huerter from Atlanta". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1993
- Nados en Nova York
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Alas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Sacramento Kings