Manuel Castelao Mexuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Castelao Mexuto
Nacemento1956
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e director de cinema
editar datos en Wikidata ]

Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego[1].

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:

  • A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.
  • A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.[2]
  • Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Traxectoria como Raúl Veiga[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, na década de 1970 realizou películas en Super 8, cineclubismo, crítica cinematográfica e foi operador de cámara no histórico documental sobre a destrución do Edificio Castromil en Santiago.[3] Impartiu tamén un curso de posgrao sobre dirección cinematográfica, organizado pola Universidade da Coruña en 1997. Publicou colaboracións en La Voz de Galicia e a Revista Galega de Filoloxía.

Manuel Castelao con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal e César Morán.

Deuse a coñecer escribindo o vídeo Veneno puro (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe Continental (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de A metade da vida (1994), única longametraxe rodada en galego nos anos 90. Arde amor (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro Esta noite no cinema (2005), finalista do premio de ensaio da AELG– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documental El médico atento (2014) é a súa última longametraxe. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe El médico seriamente enfermo (2014).

Guionista de cine[editar | editar a fonte]

Director de cine[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

Traxectoria como Manuel Castelao Mexuto[editar | editar a fonte]

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Desenvolveu actividade xornalística no inicio dos anos setenta, de que son boa mostra a súa colaboración diaria en El Ideal Gallego so o título “Desde Compostela de Galicia". Tamén foi auxiliar de redacción na delegación compostelá de La Voz de Galicia.

Do seu traballo sobre a literatura galega, destaca a serie de libros publicados por Edicións Laiovento e que tiveron como base, ora a súa tese de doutoramento “A aula literaria. Análise crítica de seis textos galegos do Novecentos” (2010, cualificada con sobresaliente cum laude e, posteriormente, obxecto dun Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña, 2012), ora o texto que recibiu o Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol, na edición do centenario do autor homenaxeado.[7] Tamén é estudoso da obra de Eduardo Pondal e Anxo Rei Ballesteros.[8][9]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros sobre literatura contemporánea[editar | editar a fonte]

Un modo de ler

Edición[editar | editar a fonte]

Outras publicacións relacionadas con esta área do seu traballo son:[editar | editar a fonte]

  • “Literatura e autoconstrução da identidade da Galiza”, en Carlos Manuel Ferreira da Cunha (ed.): Escrever a nação: literatura e nacionalidade (uma antologia), Guimarães, Opera Omnia, 2011, pp. 165–181.
  • “Regreso a ‘Os eidos’”, suplemento de Cultura de La Voz de Galicia, 15 de maio de 2010, pp. 6-7.
  • “Revisitação d’Os Eidos”, Boletín da Academia Galega da Lingua Portuguesa, nº 4, 2011, pp. 183–197.

Algúns traballos foron realizados so o pseudónimo Félix Casal.[21] Así:

  • “O habitáculo suspenso. ‘De catro a catro’: literatura galega e modernidade”, Nova Renascença, vol. XIX, inverno/primavera 1999, pp. 233–248.
  • “‘De catro a catro’: experiencia única”, en Crítica e autores I, A Coruña, La Voz de Galicia, 2002, pp. 76–77.
  • Simposio “Ramón Vilar Ponte 50 anos despois”. Conferencia “Na noite estrelecida: tópicos literarios... e políticos”, 17 de xaneiro de 2003.
  • “‘Os eidos’: analoxía e poesía”, en Amastran-N-Gallar, nº 7, verán 2004, pp. 36–42.

Para os seus traballos sobre Eduardo Pondal ten utilizado o pseudónimo de Castro Romai:

  • “Pondaliana (Prefacio)”, en Extra-7 de A Nosa Terra, Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, 1986, pp. 39–41.
  • “Pondaliana (Fragmento)”, en A Trabe de Ouro, nº 6, tomo II, ano II, abril-xuño 1991, pp. 205–211.

En relación coa súa actividade pedagóxica, é autor da unidade didáctica A escaleira desigual (libro e CD), sobre o filme “A Condesa rebelde”, publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, 2012.[22]

Publicacións sobre cine co pseudónimo Raúl Veiga:

Produtor (cine)[editar | editar a fonte]

Como produtor de proxectos cinematográficos utiliza o nome de Manuel Castelao Mexuto:

  • Canle aberta (1993) -curtametraxe-
  • Arde amor (1999)
  • El médico atento/O médico certo (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Veiga, Raúl". BNE.ES. Consultado o 07/09/2017. 
  2. "Raúl Veiga". Culgura Galega.org. Consultado o 7/9/2017. 
  3. "Raúl Veiga Rouriz". Galicia Digital. Consultado o 07/09/2017. 
  4. "Entrevista a Raúl Veiga". Zigzag-Eirado. Consultado o 16/05/2018. 
  5. Veiga, Raúl (2019). "Libremente Rosalía. A propósito do filme “Contou Rosalía”" (PDF). Follas Novas, Revista de estudos rosalianos (Padrón) (4). ISSN 2530-3813. OCLC 982069779. 
  6. "El médico seriamente enfermo" (PDF). ficae.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08/09/2017. Consultado o 07/09/2017. 
  7. "Manuel Castelao". axendaalg. Arquivado dende o orixinal o 08/09/2017. Consultado o 8/9/2017. 
  8. "Manuel Castelao fala de Anxo Rei Ballesteros en 2009". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-09-10. 
  9. Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153. 
  10. "Edicións Laiovento - ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10. 
  11. asociacionescritoras-es. "O sábado coñeceranse as obras gañadoras dos Premios AELG 2011 na Cea das Letras. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-09-10. 
  12. "Diario Cultural do día 09/12/2019. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-12-12. 
  13. "A máquina ousada". www.laiovento.com. Consultado o 2020/10/31. 
  14. Soto, Luis García (2021-05-11). "CASTELAO MEXUTO, Manuel: A Máquina Ousada. Pondal e a literatura, Laiovento, Santiago de Compostela, 2020, 183p.". Agora: papeles de Filosofía 40 (2): 261–267. ISSN 2174-3347. 
  15. "Edicións Laiovento - NOVONEYRA / CELSO EMILIO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10. 
  16. "Edicións Laiovento - MANOEL- ANTONIO DE CATRO A CATRO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10. 
  17. "Edicións Laiovento - ALVARO CUNQUEIRO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10. 
  18. "Libro". consorcioeditorial.com. 
  19. Escuredo, A. (2 de marzo de 2022). "Manuel Castelao remata a súa serie 'Un modo de ler' editada por Laiovento". Nós Diario. 
  20. "Edicións Laiovento - LOAIRA". laiovento.gal. Consultado o 2023-07-18. 
  21. "Pseudónimos galegos". ogalego.eu. Consultado o 8/9/2017. 
  22. "A escaleira desigual. A condesa rebelde". igualdade.xunta.gal. Consultado o 8/9/2017. 
  23. kantaronet.com. "Continental. O guión - . Ref.Rc50. Gallaecia Libros. Libros galegos antigos, libros galegos de coleccionismo, libros galegos esgotados, manuscritos, libros en galego... Tenda en liña dende Galicia". gallaecialibros.com (en Galician). Consultado o 2019-09-10. 
  24. "BIBLOS.Clube de lectores. Esta noite no cinema". www.biblosclube.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 2019-09-10. 
  25. novenoites (2011-07-22). "“Chega un momento en que os vellos…”". NOVENOITES. Consultado o 2019-09-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]