Unha parella, Lucio (Miguel Pernas) e Rosa (María Bouzas), remata coas súas vidas a consecuencia dun pacto de morte; Ranxel (Chete Lera), amigo de Lucio, non o dá evitado. A traxedia conmociona a Luís (Sergi López) e Modia (Rosana Pastor), os anteriores amantes de Rosa e Lucio. Despois de moito tempo sen se veren, Luís procura a Modia para que lle axude a entender toda a traxedia.[1]
Recibiu críticas mixtas da prensa especializada e dos usuarios en plataformas como IMDb e Letterboxd. Mentres algúns críticos, como os de El País, cualificaron a película de "colección de frases profundas, excesivamente literarias e de escasa verosimilitude". En Letterboxd, en troques recibe unha profunda análise “cada personaxe arde na súa propia forma de amor: o que non soporta a perda, o que se constrúe sobre as ruínas doutros, o que non tolera non ser correspondido” e é valorada pola súa carga emocional e a intensidade poética das súas escenas, sendo considerada “máis artística que para todo o público, pero altamente recomendada”.