Batalla de Clavijo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tímpano da Batalla de Clavijo, na Catedral de Santiago.
Imaxe de Santiago Matamouros en Carrión de los Condes.
Castelo de Clavijo.

A Batalla de Clavijo, un dos máis célebres momentos da Reconquista, é considerada só unha invención criada polo arcebispo de Toledo Rodrigo Ximénez de Rada na súa crónica de 1243, 300 anos despois dos supostos eventos. A batalla teríase producido no denominado Campo da Matanza, nas proximidades de Clavijo, A Rioxa, o 23 de maio do ano 844. Segundo Claudio Sánchez Albornoz, "ningún historiador digno de tal nome pode ter hoxe por auténtica a batalla de Clavijo"[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

A falsa batalla tería a súa orixe na negativa de Ramiro I de Asturias a seguir pagando tributos aos emires árabes, con especial incidencia no tributo das cen doncelas. Por iso as tropas cristiás, capitaneadas por Ramiro I, irían en busca dos musulmáns, con Abderramán II ao mando, pero ao chegar a Nájera e Albelda veríanse rodeados por un numeroso exército árabe formado por tropas da península e por levas provenientes de Marrocos, tendo os cristiáns que refuxiarse no castelo de Clavijo en Monte Laturce. Alí cóntase que Ramiro I tivo un soño no que aparecía o Apóstolo Santiago, asegurando a súa presenza na batalla e a vitoria. Segundo a lenda, ao día seguinte os exércitos de Ramiro I, xunto coa presenza do Apóstolo montado nun corcel branco, venceron aos seus opoñentes. De acordo coa invención, o día 25 de maio na cidade de Calahorra o rei supostamente ditaría o voto de Santiago, comprometendo a todos os cristiáns da península a peregrinar a Santiago de Compostela portando ofrendas. Como demostrou Sánchez Albornoz, detalles e eventos da documentada Batalla de Albelda foron incorporados ao mito polo arcebispo Radal.

Para o historiador Jean Mitchel-Lanham, "aínda que apenas unha lenda, este evento ten producido unha das máis robustas iconas ideolóxicas da identidade nacional española"[2], o Santiago ecuestre ou "Matamouros".

Relevo da Batalla de Clavijo no frontón do Pazo de Raxoi, obra de Xosé Ferreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Albornoz, Claudio (1948). La auténtica batalla de Clavijo, Cuadernos de Historia de España. pp. 94–139. 
  2. Mitchel-Lanham, Mitchel (2015). The Lore of the Camino de Santiago: A Literary Pilgrimage. p. 12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • JIMÉNEZ DE RADA, Rodrigo. Historia de los hechos de España. Introdución, tradución, notas e índices de Juan Fernández Valverde, Madrid, Alianza Editorial, 1989.

Outros artigos[editar | editar a fonte]