Rincón de Soto
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | A Rioxa | ||||
| Subdivisión administrativa | Rioxa Baixa | ||||
| Comarcas da Rioxa | Comarca de Alfaro | ||||
| Capital | Rincón de Soto | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.041 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 20 km² | ||||
| Altitude | 261 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | arcanxo Miguel | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Carlos Paul Lapedriza (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 26550 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 26125 | ||||
| Sitio web | rincondesoto.org | ||||
Rincón de Soto é un municipio rioxano, situado ao leste de Logroño e pertencente á comarca de Alfaro. Ten 3.710 habitantes segundo os datos do INE a 1 de xaneiro do 2008. O norte do municipio está atravesado polo río Ebro. O cultivo principal da localidade é a pera que conta coa «denominación de orixe Rincón de Soto».
Rincón de Soto ten un clima mediterráneo coa correspondente flora característica. A súa situación xunto ao Ebro fai que o seu territorio sexa principalmente chairo e estea cheo de hortas con produtos típicos que son parte da paisaxe. Crecen, ademais, nestes campos os tamarices, salgueiros e chopos.
O concello é moi coñecido na Rioxa polas súas casas do século XVIII, que chaman a atención polos seus fermosos patios; polas súas dúas avenidas que se cruzan perpendicularmente; e pola súa igrexa de estilo barroco.
