Fuenmayor
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | A Rioxa | ||||
| Capital | Fuenmayor | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.281 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 34,29 km² | ||||
| Altitude | 433 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 26360 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 26064 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | fuenmayor.org | ||||
Fuenmayor é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, en España. Situada entre o río Ebro e a N-232, e xunto o FFCC Castejón-Bilbao, o que a sitúa nun lugar estratéxico que propiciou o seu desenvolvemento.
Historia
[editar | editar a fonte]Fuenmayor é citada por primeira vez no século XI, nun documento no cal a raíña Estefanía de Foix cedía esta localidade e outras ao Mosteiro de Santa María a Real de Nájera. Pero restos celtibéricos e romanos indican que xa estaba habitada con anterioridade.
No século XVII os seus veciños compraron a independencia á localidade á que pertencían, Navarrete, por 6.600 ducados. O seu desenvolvemento económico acaeceu no século XIX, coa construción de grandes adegas.
Economía
[editar | editar a fonte]En Fuenmayor sitúanse ata 25 adegas pertencentes á Denominación de Orixe Cualificada Rioxa, algunhas tan importantes como Adegas AGE, Adegas Lan; así como industrias madeireiras e de cerámica como Cerabrick Grupo Cerámico.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Palacio de Fernández Bazán, do século XVII.
- Palacio dos Marqueses de Terán, antiga sede da Real Xunta de Colleiteiros.
- Cine Gran Coliseo, edificio dos anos 30, o primeiro cine español co anfiteatro colgado e sen columnas no patio de butacas.
