Saltar ao contido

Autol

Autol
 Nome oficial
    Autol (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.187 (2001) rexistro civil
3.783 (2002) rexistro civil
3.915 (2004) rexistro civil
4.031 (2005) rexistro civil
3.946 (2006) rexistro civil
4.039 (2007) rexistro civil
4.166 (2008) rexistro civil
4.359 (2009) rexistro civil
4.385 (2010) rexistro civil
4.458 (2011) rexistro civil
4.442 (2012) rexistro civil
4.450 (2013) rexistro civil
4.367 (2014) rexistro civil
4.427 (2015) rexistro civil
4.473 (2016) rexistro civil
4.507 (2017) rexistro civil
4.469 (2018) rexistro civil
4.512 (2019) rexistro civil
4.623 (2020) rexistro civil
4.702 (2021) rexistro civil
4.788 (2022) rexistro civil
4.834 (2023) rexistro civil
4.875 (2024) rexistro civil
4.958 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   2.281 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   2.231 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   85,28 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   462 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal26560 Editar o valor en Wikidata
Código INE26021 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339552 Editar o valor en Wikidata
VIAF124416886 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h3lyj7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX453497
Wikidata C:Commons

Autol é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, España. Polo municipio transcorre o río Cidacos.

Economía

[editar | editar a fonte]

Autol é o primeiro centro produtor de España de cogomelos e champiñóns. Foi tradicionalmente un concello agrícola cuxos cultivos básicos foron os de secaño e en menor proporción os de regadío. Así, destaca o cultivo de viñas, cereal e oliveira. Tamén ten unha rica horta, que é a base das empresas de conservas, unha das principais fontes económicas da poboación.

Actualmente ten un cultivo intensivo de espárragos, hortalizas, froitas, cogomelos e champiñones. Tamén existen empresas dedicadas á produción de compost e de sementes.

Medio Natural

[editar | editar a fonte]
O Picuezo e a Picueza

Autol está situado en plena conca do río Cidacos, entre a serra de Erga e pena Isasa. Caracterízase por ter un clima continental de invernos fríos e veráns secos e calorosos. Isto fai que a serra próxima ao municipio estea composta de monte baixo con abundantes herbas aromáticas, piñeiros laricios e negrales.

Respecto da fauna, destacan o xabaril e o corzo e as abellas, posto que hai unha gran cantidade de colmeas artificiais que se constrúen debido á abundancia de plantas aromáticas.

Festividades

[editar | editar a fonte]

O 3 de febreiro celébrase San Blas, onde é típico o bolo ou rosco de repostería chamado Barzón.

A partir do 7 de setembro celébranse as súas festas patronais en honra de San Adrián e Santa Natalia.

O miserere da montaña

[editar | editar a fonte]

O último sábado de xuño celébrase o Miserere da montaña, representación da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, que se inspirou na ruínas do primeiro asentamento cisterciense que se fundou en España (situado no monte Erga a 1.100 m de altitude), levada a cabo pola Confraría do Santísimo de Autol.