Lingua véneta
Véneto Vèneto | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia, Croacia, Eslovenia, México e o Brasil | |
Rexións: | Véneto | |
Total de falantes: | 2 250 000 falantes | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Galoitálica Véneto | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | vec
| |
SIL: | VEN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O véneto[2] (en vén. vèneto ou Łengua vèneta) é unha lingua románica falada por máis de dous millóns de persoas, principalmente no Véneto, nordés da Italia. Os seus falantes concéntranse sobre todo naquela que antigamente era a Terraferma (Terra Firme) da República de Venecia (Véneto, parte do Trentino, Istria e Venecia Xulia). Existen minorías de falantes en Eslovenia, Croacia, Brasil e Chipilo (México). É recoñecida entre as linguas minoritarias europeas pola UNESCO (Red book on endangered languages). Aínda que sexa coñecido como un dialecto italiano, o véneto non descende da lingua italiana, senón directamente do latín, tendo a súa propia morfoloxía, sintaxe e léxico.
A lingua véneta descende do latín vulgar e foi posibelmente influenciada pola extinta lingua venética, falada na rexión entre os séculos V a.C. e I a.C., e posteriormente polas linguas dos pobos xermánicos (visigodos, ostrogodos e longobardos) que invadiron o norte da Italia no século V d.C.O 28 de marzo de 2007, o véneto foi recoñecido como lingua polo Consello Rexional Véneto coa lei de "tutela e valorizzacione della lingúa e cultura veneta", aprobada pola maioría dos partidos de goberno e oposición.
Variedades
[editar | editar a fonte]As variantes máis importantes son:
- véneto oriental (véneto veneciano) falado en Venecia e arredores
- véneto occidental (véneto veronés) falado en Verona e a súa provincia
- véneto central (ou centro-meridional) falado nas prov. de Padua, Vicenza, e Rovigo
- véneto setentrional (ou ven. feltrino-belunés) falado en Feltre e Belluno
- véneto trevisan falado na prov. de Treviso e influenciado polo veneto setentrional e veneciano
Os falantes chámanlle venesian (veneciano) á variedade falada na cidade de Venecia, mentres que empregan a palabra vèneto para se referir a toda a lingua independentemente da variante que sexa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para véneto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua véneta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (inglés) Manual Gramatical Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades (véneto - inglés)
- (portugués) Dicionario Xeral da Lingua Véneta e as súas Variedades
- Informe de Ethnologue sobre o veneciano
- Raixe Venete
- Sitoveneto
- Quatro Ciàcoe
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |