Linguas tungús
| Linguas tungús | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| Propiedades | |||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
As linguas tungús[1] son unha familia lingüística falada no leste de Siberia e no nordeste da China polos pobos tungús. Moitas linguas tungús están ameazadas e o seu futuro a longo prazo é incerto. Hai arredor de 75 000 falantes nativos entre a ducia de linguas que compoñen a familia. Algúns lingüistas consideran que o tungús forma parte da controvertida familia de linguas altaicas, xunto coas linguas mongólicas, e ás veces o coreano e as linguas xapónicas.
O termo "tungús" é un exónimo para designar o pobo evenk empregado polos iacutos ("tongus") e os tártaros de Siberia no século XVII, e quere dicir "porco". Pasou ó ruso como "тунгус".
Clasificación interna
[editar | editar a fonte]As linguas tungús divídense[2][3] en dous grupos:
- Setentrional
- Lingua evenki (nome obsoleto: tungús), falada polos evenks na Siberia central, Mongolia e China.
- Lingua even (nome obsoleto: lamut) da Siberia oriental.
- Meridional
- Lingua manchú falada en Manchuria (nordeste da China), que é a única lingua tungús con forma literaria e historia escrita desde o século XVII. O manchú inclúe o dialecto sibe ou xibe, falado hoxe en día polo grupo étnico dos xibe na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang.
- A antiga lingua xurchena.
- Os dialectos do río Amur, que inclúen o nanai ou goldi, o oroch, etc.
Características
[editar | editar a fonte]As linguas tungús son de tipo morfolóxico aglutinante, e algunhas delas teñen sistemas complexos de declinación e patróns elaborados de marcaxe de tempo e aspecto. Porén, ningunha destas linguas posúe xénero gramatical nin clases nominais. Todas as linguas túnxicas teñen posposicións. A conta faise en base dez, e os nomes dos números cardinais do 1 ao 10 son cognados na maioría dos casos.[4]
A orde normal das palabras en todas estas linguas é suxeito–obxecto–verbo.[5]
Relacións con outras linguas
[editar | editar a fonte]As linguas tungús están hoxe en día consideradas coma unha familia lingüística primaria. Especialmente no pasado, algúns lingüistas relacionaron o tungús coas linguas túrquicas e coas linguas mongólicas, entre outras, ben na familia das linguas altaicas ou na das linguas transeurasiáticas.[6]
Porén, a proposta de que existan vínculos xenéticos, e non só de tipo areal, segue a ser moi polémica.[7][8]
Algúns especialistas cren que a lingua falada en Europa polos ávaros (que crearon o Janato ávaro) é de orixe tungús.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de tungús no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Lindsay J. Whaley, Lenore A. Grenoble and Fengxiang Li (xuño de 1999). "Revisiting Tungusic Classification from the Bottom up: A Comparison of Evenki and Oroqen". Language 75 (2): 286–321. JSTOR 417262. doi:10.2307/417262.
- ↑ Hölzl, Andreas. 2018. The Tungusic language family through the ages: Interdisciplinary perspectives: Introduction. International Workshop at the 51st Annual Meeting of the Societas Linguistica Europaea (SLE). 29 August – 1st September 2018, Tallinn University, Estonia.
- ↑ Oskolskaya, Sofia (2024-02-19). "3 The Tungusic language family". The Languages and Linguistics of Northern Asia. De Gruyter. pp. 123–166. ISBN 978-3-11-055621-6. doi:10.1515/9783110556216-003.
- ↑ The Tungusic Research Group at Dartmouth College. "Basic Typological Features of Tungusic Languages". Arquivado dende o orixinal o 30 January 2020. Consultado o 25 Nov2016.
- ↑ Robbeets, Martine (January 2017). "Austronesian influence and Transeurasian ancestry in Japanese: A case of farming/language dispersal". Language Dynamics and Change (en inglés) 7: 210–251. doi:10.1163/22105832-00702005. hdl:11858/00-001M-0000-002E-8635-7. Consultado o 2019-03-26., Robbeets, Martine et al. 2021 Triangulation supports agricultural spread of the Transeurasian languages, Nature 599, 616–621
- ↑ Georg, Stefan (2023). "Connections between Uralic and Other Language Families". En Daniel Abondolo; Riitta-Liisa Valijärvi. The Uralic Languages. London: Routledge. pp. 176–209. ISBN 9781315625096. doi:10.4324/9781315625096-4.
- ↑ Tian, Zheng; Tao, Yuxin; Zhu, Kongyang; Jacques, Guillaume; Ryder, Robin J.; de la Fuente, José Andrés Alonso; Antonov, Anton; Xia, Ziyang; Zhang, Yuxuan; Ji, Xiaoyan; Ren, Xiaoying; He, Guanglin; Guo, Jianxin; Wang, Rui; Yang, Xiaomin; Zhao, Jing; Xu, Dan; Gray, Russell D.; Zhang, Menghan; Wen, Shaoqing; Wang, Chuan-Chao; Pellard, Thomas (2022-06-12). "Triangulation fails when neither linguistic, genetic, nor archaeological data support the Transeurasian narrative". Cold Spring Harbor Laboratory. doi:10.1101/2022.06.09.495471.
- ↑ Helimski, E (2004). "Die Sprache(n) der Awaren: Die mandschu-tungusische Alternative". Proceedings of the First International Conference on Manchu-Tungus Studies, Vol. II: 59–72.