Coreano medio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coreano medio
중세 한국어
Jungse hangugeo
Falado en: Corea
Extinción: século XI - XVI
Familia: Coreano antigo
 Coreano medio
Escrita: Escrita idu, Hyangchal, Gugyeol e Hangul
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: okm
Mapa
Status

O coreano medio é o período na historia da lingua coreana que sucedeu ao coreano antigo e que antecedeu ao coreano moderno. O límite entre os períodos do coreano antigo e medio está identificado tradicionalmente co estabelecemento de Goryeo no ano 918, mais algúns estudosos coidan que data da época das invasións mongois de Corea (mediados do século XIII). O coreano medio divídese en dous períodos, o antigo e o tardío, que corresponden con Goryeo (até o ano 1392) e Joseon respectivamente. É difícil extraer información lingüística dos textos do período antigo xa que están escritos empregando adaptacións dos caracteres chineses. Esta situación mudou no ano 1446 coa introdución do alfabeto hangul, polo que o coreano medio tardío achega os datos máis importantes sobre a historia de Corea daquela época.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]