Dialectos coreanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coreano
한국어, 조선말
Pronuncia:Hangugeo, Chosŏnmal
Outros nomes:국어(國語) gugeo. Coloquialmente tamén 우리말 urimal
Falado en: Corea do Norte, Corea do Sur, China e comunidades de inmigrantes coreanos en diversos países
Total de falantes: Arredor de 76 millóns[1]
Posición: 17
Familia: Illada ou talvez Altaica (controverso)
 Coreano
Escrita: hangul, hanja
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Corea do Norte e Corea do Sur. Rexional: China.
Regulado por: En Corea do Sur, o Instituto Nacional da Lingua Coreana (국립국어원/國立國語院)
Códigos de lingua
ISO 639-1: ko
ISO 639-2: kor
ISO 639-3: kor
SIL: KKN
Korean dialect zones.svg

Na península de Corea fálanse varios dialectos coreanos. A península é extremadamente montañosa e o "territorio" de cada dialecto corresponde estreitamente aos límites naturais entre as diferentes rexións xeográficas de Corea. A maioría dos dialectos reciben o nome dunha das oito provincias tradicionais de Corea. Un deles é o suficientemente diferente dos demais como para ser considerado un idioma separado, a lingua jeju.

Zonas dialectais[editar | editar a fonte]

Norte[editar | editar a fonte]

Ryukjin (Nordeste)[editar | editar a fonte]

Fálase na histórica rexión de Yukchin, que está situada na parte setentrional da provincia de Hamgyong do Norte, moi lonxe de P'yong'an, pero ten máis en común cos dialectos de P'yong'an que cos dialectos circundantes de Hamgyong. Como estivo illado dos grandes cambios do idioma coreano, conservou trazos distintivos do coreano medio. É o único idioma coreano tonal coñecido.

Hamgyong (Nordeste)[editar | editar a fonte]

Fálase na rexión da provincia de Hamgyong (Kwanbuk e Kwannam), o extremo nordeste da provincia de Pyongan e a provincia de Ryanggang en Corea do Norte, así como en Jilin, Heilongjiang do nordeste da China; Rusia e antigos membros da Unión Soviética, entón destino da diáspora coreana, como Uzbekistán e Casaquistán. Conta con nove vogais: as oito do idioma estándar máis "ö".

Pyongan (Noroeste)[editar | editar a fonte]

Fálase en Pyongyang, as provincias de Pyongan e Chagang, e en Liaoning, China. Os sons son un pouco máis pechados, coa vogal 어 soando case igual que 오 e a vogal 으 converténdose en ㅣ.

Centro[editar | editar a fonte]

Comunmente dividido ao longo dos límites provinciais:

  • Dialecto de Gyeonggi, tamén chamado "dialecto de Seúl": fálase na provincia de Gyeonggi, nas cidades de Seúl e Incheon, así como na sueste de Kaesong (Corea do Norte). É a base do idioma estándar de Corea do Sur.
  • Dialectos de Chungcheong: fálanse na rexión da provincia de Chungcheong (Hoseo) de Corea do Sur, incluída a cidade de Daejeon.
  • Dialecto de Yeongseo: fálase en Yeongseo, na provincia de Gangwon (Corea do Sur) e na provincia de Kangwon (Corea do Norte), ao oeste das montañas de Taebaek. O yeongseo é bastante distinto dos dialectos de yeongdong ao leste das montañas.
  • Dialecto de Yeongdong: fálase en Yeongdong, na provincia de Gangwon (Corea do Sur) e na provincia de Kangwon (Corea do Norte) ao leste das montañas de Taebaek. O yeongdong tamén é moi distinto dos dialectos de Corea Central ao oeste das montañas.
  • Dialecto de Hwanghae: fálase na provincia de Hwanghae (Corea do Norte). Comunmente inclúese entre os dialectos centrais, pero algúns investigadores sosteñen que non encaixa ben entre os dialectos centrais.

Sueste[editar | editar a fonte]

Na provincia de Gyeongsang atopámonos co dialecto Gyeongsang, nas cidades de Busan, Ulsan e Daegu. Contén certas características tonais semellantes ao coreano medio.

Suroeste[editar | editar a fonte]

Na provincia de Jeolla atopámonos co dialecto de Jeolla, na rexión de Honam. Unha das características é que, a diferenza das terminacións -seyo (세요) e -seumnida (습니다), úsase -rau (라우) e -jirau (지라우). Ademais, á hora de pedir favores, engádese ao final -ing (잉)[2].

Jeju[editar | editar a fonte]

Na illa de Jeju atopámonos coa lingua jeju, agora en perigo de extinción. Adóitase considerar un idioma independente.[3]

A linguaxe estándar[editar | editar a fonte]

En Corea do Sur, o Instituto Nacional do Idioma Coreano define o coreano estándar[4] (표준어/標準語/pyojun-eo) como "a fala moderna de Seúl amplamente utilizada polos que estudaron ben" (교양있는 사람들이 두루 쓰는 현대 서울말). Na práctica, tende a non contar coas características que se atopan exclusivamente en Seúl.

Corea do Norte estabeleceu que o dialecto de Pyongan, falado na capital de Pyongyang e arredores, debía ser a base da lingua estándar de Corea do Norte (Munhwaŏ); porén, na práctica, segue a ter as súas raíces no dialecto de Gyeonggi, que foi o estándar nacional durante séculos.

Aínda habendo diferenzas entre o Norte e o Sur no idioma coreano, as dúas normas seguen sendo amplamente intelixibles. Unha característica notable dentro da diverxencia é a falta de anglicismos do Norte e outros préstamos estranxeiros debido ao isolacionismo e a autosuficiencia: úsanse no seu lugar palabras coreanas puras/inventadas.[5]

Fóra da península de Corea[editar | editar a fonte]

  • O koryo-mal (Autónimo: Корё мар/고려말, Coreano estándar: 중앙아시아 한국어), xeralmemente identificado como descendente do dialecto Hamgyŏng, fálano os koryo-saram, coreanos étnicos dos estados post-soviéticos de Rusia e Asia Central. Consiste nun vocabulario básico coreano, pero toma moitas palabras prestadas e calcos do idioma ruso. Baséase principalmente no dialecto de Hamgyong e Ryukchin, xa que os habitantes de Koryo-saram son principalmente da parte norte da rexión de Hamgyong.
  • O coreano Zainichi (재일어; 재일조선어) é un idioma ou dialecto falado entre os coreanos no Xapón, fortemente influenciado polo xaponés.
  • O idioma coreano na China (중국조선어). Como se mencionou anteriormente, os coreanos na China utilizan un dialecto case idéntico ao dialecto Hamgyŏng en Corea do Norte, pero hai algunhas diferenzas, xa que o primeiro ten relativamente máis palabras prestadas do chinés moderno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
  2. "Los Diferentes Dialectos Coreanos". Urilingo (en castelán). 2020-11-05. Consultado o 2020-11-05. 
  3. Janhunen 1996.
  4. Song, Jae Jung, 1958- (2005). The Korean language : structure, use and context. Abingdon, Oxon: Routledge. ISBN 0-415-32802-0. OCLC 252816226. 
  5. Seo, Dong-shin (18 de decembro de 2005). The Korea Times, ed. "North Chides South for Dirtying Korean Tongue". Seúl, Corea do Sur. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2006. Consultado o 23 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bibliografía adicional