Sakhalin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sakhalin
(en ruso: Сахалин; en xaponés: 樺太 Karafuto)
RussiaSakhalin2005.png
Localización da illa
Sakhalin (detail).PNG
Illa de Sakhalin
Situación
País Rusia Rusia
Óblast Óblast de Sakhalin
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 51°00′N 143°00′L / 51.000, -143.000
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 72.492 km²
Longura máxima 950 km.
Largura máxima 160 km.
Perímetro 3.166 km.
Punto máis alto 1.609 m. Monte Lopatin
Demografía
Capital Yuzhno-Sakhalinsk ((pob. 174.203)
Poboación 497.973[1] (2010)
Densidade 6´436 hab./km²

Sakhalín (en ruso Сахалин, Saghalín; en lingua xaponesa 樺太 Karafuto proveniente do ainu Karafuto ou Krafto) é unha illa situada ao leste da Rusia, no Mar de Okhotsk.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está separada de Hokkaido polo estreito de La Pérouse. Ten unha forma moi alongada, xa que mide 948 km de norte a sur e entre 30 e 160 km de leste a oeste, para un total de 76.400 km². Está bañada polo Mar de Okhotsk ao norte e ao leste, o estreito de La Pérousse ao sur, separándoa da illa xaponesa de Hokkaido, e o estreito da Tartaria a oeste, separándoa do continente. Está administrada polo óblast de Sakhalín, cuxa capital e centro administrativo é Yuzhno-Sakhalinsk, así denominada desde 1946. A cidade conta con 173.364 habitantes (2006).[2]. A poboación total da illa é de preto de 673.000 habitantes (2005).

Actualmente este territorio pertence á Federación Rusa. A mediados dos anos 1990 Xapón propuxo ao estado ruso unha negociación para comprarlle a illa, pero esta foi rexeitada.

Historia[editar | editar a fonte]

Os exploradores rusos chegaron a esta illa no século XVII, case ao mesmo tempo que os xaponeses. No transcurso do século XIX xaponeses e rusos repartíronse a xestión do territorio. Tras o tratado de San Petersburgo de 1875, a illa pasou a ser administrada soamente pola Rusia. Entre 1860 e 1906 foi usada como illa de desterro.

Sakhalín quedou dividida entre xaponeses e rusos logo da derrota sufrida por estes últimos na Guerra ruso-xaponesa de 1905. A parte ao sur do paralelo 50 asignouse a Xapón e o resto pasou a ser propiedade dos rusos. A URSS recuperou a posesión total do territorio tras derrotar ao Xapón no marco da Segunda Guerra Mundial. Máis de 300.000 habitantes xaponeses, permaneceron na illa durante máis de 5 anos, traballando en labores de reconstrución e véndose desposuídos das súas pertenzas, só para ser deportados ao Xapón, logo de ser explotados polas autoridades soviéticas.

Un terremoto en 1995 acabou coa vida de 3.000 habitantes desta illa. Con todo, desde finais dos anos 90 a illa vive unha relativa prosperidade, froito das explotacións de gas natural, cuxo principal destino é Xapón. Ademais un número crecente de turistas xaponeses visita o seu antigo territorio.

Esta illa, do mesmo xeito que as illas Kuriles, pode considerarse como un termómetro das relacións ruso-xaponesas ao longo de toda a súa historia e nunca deixaron de constituír un punto de fricción entre as dúas nacións.

Existe unha raza de gato autóctona, de marcados trazos orientais e emparentada co bobtail xaponés chamada bobtaail das kuriles.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]