Gustavo Dacal
Gustavo Dacal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de marzo de 1977 |
Xustáns | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | atleta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gustavo Dacal Martínez, nado en Xustáns (Ponte Caldelas) o 30 de marzo de 1977, é un atleta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Lanzador de xavelina, foi campión de Galicia en numerosas veces, e campión de España da especialidade en dez ocasións: 1999, 2000, e do 2002 ao 2009. Atleta da Gimnástica de Pontevedra, no ano 2000 fichou polo Puma Chapí de Xerez da Fronteira, se ben en 2007 volveu ás filas do club pontevedrés.
En 2003, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, lanzaba a xavelina a 78,88 m, o que supuña o récord de España da especialidade. Porén, a Federación Española de Atletismo non lle recoñeceu a marca, o que lle impediu acudir ao Mundial de Atletismo de 2004, en París, por non ter a xavelina correctamente homologada e por non vestir o equipamento exacto do seu equipo. En 2008 a xustiza recoñeceulle a marca e obrigou á Federación a indemnizalo[1].
Foi internacional tamén en diversas ocasións, entre elas nun Xogos do Mediterráneo.
Datos persoais[editar | editar a fonte]
Mide 1.82 m.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Recoñécenlle a Gustavo Dacal a mellor marca estatal, feita hai cinco anos, Vieiros, 12 de xuño de 2008.