Julius Yego
Julius Yego | |
---|---|
![]() Yego no 2015. | |
Información persoal | |
Nacionalidade | kenyano |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1989 (32 anos)![]() |
Altura | 175 cm |
Peso | 85kg |
Deporte | |
País | ![]() |
Deporte | Atletismo |
Evento(s) | Lanzamento de xavelina |
Adestrador | Petteri Piironen[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Julius Yego, nado o 4 de xaneiro de 1989, é un deportista kenyano que compite na proba de lanzamento de xavelina. Alcumado "Mr. YouTube Man" por ter aprendido como lanzar vendo vídeos en YouTube de atletas de xavelina. Yego posúe o récord africano e os da Commonwealth, cunha mellor marca persoal de 92,72 metros. Gañou o título de xavelina nos Xogos Panafricanos de 2011 e nos Campionatos Africanos de Atletismo de 2012 e 2014. No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou cuarto, perdendo a medalla na rolda final final. No 2014, converteuse no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nos Xogos da Commonwealth. No Campionato Mundial de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro cun lanzamento de 92,72m, converténdose no primeiro kenyano en gañar unha medalla de ouro nunha proba de campo dun Campionato Mundial. Gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2016 de Río de Xaneiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Landells, Steve (18 de setembro de 2014). "Finnish advice is the secret to African javelin throwers' success". International Association of Athletics Federations. Consultado o 15 de setembro de 2014.