Miguel de la Quadra-Salcedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel de la Quadra-Salcedo
Quadra2014.jpg
Nome completoMiguel de la Quadra-Salcedo Gaiarre
Nacemento30 de abril de 1932
Lugar de nacementoMadrid, España España
Falecemento20 de maio de 2016 (84 anos)
Lugar de falecementoMadrid, España España
NacionalidadeEspaña
OcupaciónReporteiro de TVE, atleta de lanzamento de disco, peso e martelo e director da Ruta Quetzal.
PaiEstanislao de La Quadra-Salcedo y Arrieta-Mascarúa
CónxuxeMarisol de Asumendi[1]
FillosRodrigo, Sol e Íñigo
IrmánsAna María de La Quadra-Salcedo y Gayarre
PremiosCruz de Carlos III el Noble de Navarra, Orde de Isabel a Católica, Premio Ondas, Antena de Oro, Premios Iris, Grand Cross of the Order of the Second of May, Real Orden del Mérito Deportivo e Gran Cruz de Afonso X o Sabio
Na rede
IMDB: nm1407677 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Miguel de la Quadra-Salcedo y Gayarre, nado en Madrid o 30 de abril de 1932, e finado ibídem o 20 de maio de 2016,[2] foi un reporteiro, promotor cultural e atleta español, especializado nas probas de lanzamento. Fundou e dirixiu o programa de estudos e aventuras Aventura 92, posteriormente coñecido como Ruta Quetzal. Aínda sendo madrileño de nacemento, el sempre se recoñeceu como vasco-navarro.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito dos seis que tivo o matrimonio formado por Estanislao de la Quadra-Salcedo y Arrieta-Mascarúa (1908-1938) e María Gayarre Galbete,[4] era curmán de Tomás de la Quadra-Salcedo, así como de José Javier de la Quadra-Salcedo y Miranda, marqués de los Castillejos. Sendo neno, ós 5 anos, os seus pais trasladáronse a vivir a Pamplona, a capital navarra.

Deportista[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de perito agrícola, pero salientou máis como atleta. Formou parte da Sección de Atletismo do Real Madrid C.F. e conseguiu un total de nove campionatos de España: seis en disco, dous en peso e un en lanzamento de martelo, ademais de varias plusmarcas nacionais en lanzamento de martelo e disco. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 1960, representando a España.

Bateu a plusmarca mundial de xavelina cunha técnica adaptada por Félix Erausquin, a do lanzamento de barra vasca. Por mor da perigosidade que ofrecía esta técnica para lanzadores inexpertos, a IAAF viuse na obriga de modificar o regulamento por dúas veces, incluíndo nas regras que nin o lanzador nin a xavelina podían estar orientados en ningún intre do lanzamento de costas á zona de lanzamento. Esta marca non se homologou malia ser anterior á modificación do regulamento.

Reporteiro[editar | editar a fonte]

Dende 1961 até 1963, traballou como etnobotánico na selva do río Amazonas a soldo do Goberno colombiano. De volta en España foi contratado por Televisión Española (TVE) como reporteiro. No seu primeiro traballo tivo que cubrir a información da crise da República Democrática do Congo, onde estivo a piques de morrer (fora condenado a morte) por rodar o fusilamento de 300 prisioneiros.

Como correspondente de TVE cubriu a guerra de Vietnam e o golpe de estado do 11 de setembro de 1973 en Chile, perpetrado polo xeneral Augusto Pinochet, entre outros moitos acontecementos. Ó longo da súa carreira profesional tivo ocasión de entrevistar a moitas personalidades relevantes do século XX coma o Dalai Lama, Salvador Allende, Indira Gandhi ou Pablo Neruda, entre outros.

Tamén traballou en "La Actualidad Española", formando equipo con Félix Rodríguez de la Fuente e o xornalista César Pérez de Tudela.

Promotor cultural[editar | editar a fonte]

A súa última iniciativa profesional xurdiu en 1979, cando creou o programa "Aventura 92", despois chamado Ruta Quetzal que hoxe leva o nome oficial de Ruta BBVA polo seu patrocinador, o banco BBVA. Trátase dun programa que foi declarado de Interese Universal pola Unesco, e que consiste en intercambios entre rapaces de 58 países para poder realizar viaxes de estudo xeográfico, histórico e medioambiental por América Latina. O programa desenvólvese ininterrompidamente dende 1979 e reúne cada xuño e xullo, durante 45 días, a mozos e mozas de 16 e 17 anos nunha viaxe de ida e volta entre América Latina e España.

Traxectoria en TV[editar | editar a fonte]

Miguel de la Quadra-Salcedo en León durante a Ruta Quetzal de 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Noticias Genealógicas sobre los P. de Rivera y los Salcedo y varios de sus ascendientes y descendientes por líneas paterna y materna, y de otras casas vascongadas", de Antonio Pérez de Azagra, 1943.
  • "La Casa de Salcedo de Aranguren", de Javier Ybarra Bergé.
  • "La Casa de Urrutia de Avellaneda", de J Mª Urrutia y Llano; Bilbao, 1968.
  • "El pájaro de la aventura", Antonio Pérez Henares