Lidia Parada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLidia Parada Santos

Parada no máis alto do podio no Campionato de España sub-23 (Durango, 2014)
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1993 [1]
A Pobra do Caramiñal, Galicia [1]
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
Altura1,74 m
Peso70 Kg
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo
Lanzamento de xavelina
Disciplina deportivaLanzamento de xavelina Editar o valor em Wikidata
AdestradorAbelardo Moure
Membro do equipo deportivoAsociación de Atletismo e Deportes do Barbanza

IAAF: 14375951 Editar o valor em Wikidata


Lidia Parada Santos, nada na Pobra do Caramiñal o 11 de xuño de 1993, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de xavelina, que foi catro veces campioa de España absoluta nesta especialidade e outras seis en categorías inferiores, ademais de campioa galega en varias ocasións.[2] Posúe a segunda mellor marca española da historia, cun lanzamento de 61,25 metros logrado en Xetafe en 2018.[3]

Club ao que pertence, e adestrador[editar | editar a fonte]

Compite polo club Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, onde é adestrada por Abelardo Moure,[4] no Campo Municipal de Deportes da Alta, en Cabío, A Pobra do Caramiñal.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como internacional, disputou diversas probas en categorías infantís. En categorías superiores, representou a España nos seguintes eventos deportivos:[6][7][8][9]

  • Campionato do mundo xuvenil de 2009, celebrado en Bressanone, Italia, onde terminou na décimo oitava posición.
  • Ximnasiada Mundial de 2010, de Doha, Qatar, na que terminou no oitavo lugar.
  • Campionato do mundo júnior de Barcelona de 2012, onde terminou na décimo cuarta posición.[10]
  • Campionato de Europa Sub-23 de 2013 en Tampere, Finlandia, onde concluíu no undécimo posto, e onde competiu por primeira vez na categoría sub-23 (júnior).[11]
  • Campionato do Mediterráneo Sub-23 de 2014 de Marsella, (Francia), no que foi quinta.
  • Campionato de Europa Sub-23 de 2015, celebrado en Tallin (Estonia), onde conseguiu o resultado máis importante, polo de agora, da súa carreira deportiva, clasificándose na sexta posición.

Campioa de España[editar | editar a fonte]

A súa estrea coa selección nacional absoluta produciuse nos Campionatos Iberoamericanos de atletismo, celebrados na cidade brasileira de São Paulo en 2014, no que quedou quinta,[12] e ese mesmo ano proclamouse subcampioa de España en categoría absoluta.

Campionato de España 2015.
Campioa de España en lanzamento de xavelina 2015.

Foi campioa de España da categoría Sub-23 en 2014 no campionato celebrado en Durango, o seu sexto título nacional consecutivo.[12] Os cinco anteriores conseguiunos en diferentes categorías en Motril,[13] en Nerja,[7] en Xátiva,[4] en Avilés (2009) e en Mataró (2013), respectivamente.

En marzo de 2014 clasificouse na quinta posición na Copa de Europa de Lanzamentos de Inverno, en Leiria, Portugal, na proba de xavelina Sub-23. Quince días antes en León proclamárase subcampioa de España de inverno na categoría absoluta no Campionato de España de Lanzamentos Longos. No mesmo ano tamén foi subcampioa de España absoluta, en Alcobendas.

No verán de 2015 conseguiu por primeira vez a medalla de ouro no campionato de España absoluto de atletismo,[14][15] algo que non conseguía unha galega dende o ouro de Marta Míguez en 2002; sumando, ademais, a plusmarca española Sub-23 cun lanzamento de 59,03 m.[9][16] Revalidou o título en 2016,[17] 2017[18] e 2018, conseguindo neste último caso un lanzamento de 61,25 metros, a segunda mellor marca española da historia.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campioa de España absoluta (2015, 2016, 2017, 2018)
  • 6ª no Campionato de Europa sub-23 (2015)
  • Récord de España sub-23 (59,03 m)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Real Federaciónn Española de Atletismo (ed.). "Datos del atleta LIDIA PARADA SANTOS". www.rfea.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2019. Consultado o 211 de xuño de 2019. 
  2. Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011.
  3. 3,0 3,1 "Lidia Parada rompe barreras". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Lidia Parada Santos dominó el nacional júnior de jabalina. La Voz de Galicia, Carballo, 11-07-2011.
  5. "Lardo Moure, el artesano que forja campeonas sobre la pista" La Voz de Galicia. Barbanza. 04-09-2017.
  6. Real Federación Española de Atletismo. "La selección española para Barcelona". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 La voz de Galicia (30 de marzo de 2011). "Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  8. J. M. Jamardo (26 de xullo de 2012). LaVozdeGalicia.es, ed. "Lidia Parada y Ana Peleteiro, recibidas como heroínas". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  9. 9,0 9,1 La Voz de Galicia (15 de xullo de 2013). "Lidia Parada fue undécima en el campeonato europeo sub-23 de Finlandia". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  10. Lidia Parada y Ana Peleteiro, recibidas como heroínas, La Voz de Galicia, 26-7-2012.
  11. La selección española para Barcelona Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Páxina web da Real Federación Española de Atletismo.
  12. 12,0 12,1 J. M. Jamardo (2 de xullo de 2013). LaVozdeGalicia.es, ed. "Lidia Parada y Jessica Rial brillaron en el nacional sub-23". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  13. La Voz de Galicia (21 de junio de 2009). "La pobrense Lidia Parada Santos, campeona de España juvenil de lanzamiento de jabalina". Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  14. 95º Campeonato de España absoluto de atletismo. Castelló, 1-2 de agosto de 2015. Jabalina Mujeres. Resultados. RFEA Arquivado 16 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
  15. 4 ouros para Galicia nos campionatos de España de atletismo, Praza Pública, 03-08-2015.
  16. J. L. Chantrero (14 de xullo de 2013). DiariodeArousa.com, ed. "La pobrense Lidia Parada lucha hoy por medalla en la final de jabalina del Europeo Sub 23". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 17 de setembro de 2013. 
  17. "Lidia Parada repite título en Gijón" (en castelán). 23 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  18. "Lidia Parada, tricampeona de España de jabalina" (en castelán). 23 de xullo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]