Xornal.com

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xornal.com
Logo
Tipoxornal en liña
PaísEspaña
Na rede
http://www.xornal.com
editar datos en Wikidata ]
Logo reivindicando ser o 1.º xornal dixital galego.
Logo reivindicando ser o 1.º xornal dixital galego.
Logo desde o ano 2008.
Logo desde o ano 2008.

Xornal.com foi un medio de comunicación electrónico galego, que xurdiu no 1999 e desapareceu 2011.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado en 1999, reivindicou ser o primeiro xornal electrónico de Galicia, se ben Vieiros entrou en funcionamento como web e portal de servizos en 1996.

Foi fundado por cinco socios xornalistas: José Luis Gómez Gómez, Antonio Sangiao, Bieito Rubido, Enrique García e Vicente Martín. No ano 2000, Udramedios, a división de comunicación do Grupo San José, mercou as accións dos últimos catro e conformou un consello de administración compartido con José Luis Gómez, que exerceu o posto de editor.

En decembro de 2008 un periódico de nova edición, Xornal de Galicia, participado maioritariamente por Udramedios e dirixido polo propio José Luis Gómez, absorbeu Xornal.com como web do medio de comunicación en papel. Posteriormente integrouse en Xornal de Galicia, tamén dixital[1]. Aínda que tamén a edición dixital acabou pechando[2].

Tivo a súa sede na cidade da Coruña. Editouse en lingua galega e lingua castelá, maiormente nesta última.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]