Josep Tarradellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Tarradellas
Tarradellas03.jpg
Josep Tarradellas i Joan
125º Presidente da Generalitat de Cataluña
Período 19541980
Antecesor Josep Irla
Sucesor Jordi Pujol
Datos persoais
Nacemento 19 de febreiro de 1899
Lugar Cervelló
Falecemento 10 de xuño de 1988
Lugar Barcelona
Organización Esquerra Republicana de Catalunya
Profesión Político

Josep Tarradellas i Joan, nado en Cervelló o 19 de febreiro de 1899 e finado en Barcelona o 10 de xuño de 1988, foi un político catalán, presidente da Generalitat de Cataluña no exilio, desde 1954 ata a restauración da Generalitat en 1980.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tarradellas accedeu ao posto de secretario xeral de Esquerra Republicana de Catalunya en 1931. Tamén será deputado das cortes españolas, Conselleiro de Gobernación e de Sanidade da Generalitat no goberno de Cataluña de 1931-1932 e no primeiro goberno posterior as eleccións de 1932, durante a presidencia de Francesc Macià. Durante a Guerra Civil española, dentro do goberno de Cataluña 1934-1939, encárgase das carteiras de Servizos Públicos, Economía e Cultura, chegando a Conselleiro Primeiro en setembro de 1936.

Exiliado en Francia desde 1939, converteuse en presidente da Generalitat en 1954, logo da dimisión de Josep Irla.

Retorna a Cataluña, sendo recibido pola multitude en Barcelona. A súa frase "Ja sóc aquí" (Xa estou aquí) ficou na memoria histórica catalá e española.

Restauración da Generalitat[editar | editar a fonte]

En 1977, morto xa Franco, encontrarase co presidente do Goberno de España, Adolfo Suárez, para negociar o restablecemento da Generalitat catalana.

O 29 de setembro de 1977 o presidente español derroga a lei franquista de 1938 que eliminaba as institucións catalás e restablece a Generalitat provisoria. O 17 de outubro de 1977 noméase a Tarradellas como Presidente da Generalitat provisoria e a Frederic Rahola como Conselleiro da Presidencia.

Tarradellas forma un goberno de concentración con doce conselleiros, coa tarefa de preparar o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979, que sería aprobado en referéndum en novembro de 1979, para logo convocar eleccións ao Parlamento de Cataluña (1980). Tarradellas retiraríase da vida política a continuación, falecendo en 1988.


Seal of the Generalitat of Catalonia.svg
Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep Irla
Josep Tarradellas
Precede a:
Jordi Pujol
Presidente