Johan Nunez Camanez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohan Nunez Camanez
Biografía
Nacementoséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Johan Nunez Camanez foi un trobador ou xograr do século XIII.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Carolina Michaelis sostén que, polo seu apelido, procede de Camán situado na parroquia de Albeos, no concello de Crecente. Pola súa colocación nos cancioneros a súa actividade poética sitúase entre 1240 e 1260. António Resende de Oliveira atribúelle unha cantiga de escarnio, que nos cancioneros pertence a un Nunes, en base a ela sostén que puido participar na conquista de Xaén.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse oito cantigas: cinco cantigas de amigo e tres cantigas de amor.[3] As oito cantigas conteñen unha certa unidade temática e, segundo ordénense, poden formar unha peza dramático-narrativa dialogada entre tres personaxes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20. 
  2. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-06-20. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-06-20. 
  4. "Juglares y Trovadores". Consultado o 2021-06-20.