Norman Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Norman Powell
Los Angeles Clippers – No. 24
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 25 de maio de 1993 (30 anos)
California San Diego, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Lincoln (San Diego, California)
Universidade UCLA (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Milwaukee Bucks
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Toronto Raptors (2015–2021)
Raptors 905 (2015–2016)
Portland Trail Blazers (2021–2022)
Los Angeles Clippers (2022–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2019)

Norman WC Powell, nado o 25 de maio de 1993 en San Diego, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2015, Powell foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Milwaukee Bucks, e foi traspasado pouco despois xunto a unha elección da primeira rolda do Draft ós Toronto Raptors, cambio de Greivis Vásquez.[1] Asinou cos Raptors o 15 de xullo de 2015.[2] Na súa primeira tempada na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Raptors 905, afiliado de Toronto na NBA D-League.[3]

O 25 de marzo de 2021, Powell foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Gary Trent Jr. e Rodney Hood.[4] O 6 de agosto de 2021, Powell asinou cos Trail Blazers un contrato de cinco anos e 90 millóns de dólares.[5]

O 4 de febreiro de 2022, Powell foi traspasado xunto a Robert Covington ós Los Angeles Clippers, a cambio de Justise Winslow, Eric Bledsoe e Keon Johnson.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Raptors Tab Wright With 20th Pick, Acquire Future First-Round Pick & Rights To Norman Powell From Bucks". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "Raptors Sign Norman Powell". NBA.com. 15 de xullo de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  3. "2015-16 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  4. "Trail Blazers acquire Norman Powell from Toronto Raptors". NBA.com (en inglés). Consultado o 2021-03-25. 
  5. "Trail Blazers Re-Sign Norman Powell". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  6. "Trail Blazers Acquire Eric Bledsoe, Keon Johnson and Justise Winslow". NBA.com. 4 de febreiro de 2022. Consultado o 5 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]