Royal Ivey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Royal Ivey
Posición Escolta / Base
Dorsal 36, 12, 11, 7
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Nacemento 20 de decembro de 1981 (34 anos)
Flag of New York.svg Harlem, Nova York
Carreira
Instituto Benjamin N. Cardozo
(Queens, New York)
Blair Academy
(Blairstown, New Jersey)
Universidade Texas (2000–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 2 / Elección: 37

Por Atlanta Hawks

Tempadas 20042014
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     1 641 (3,3 pp)
Rebotes     557 (1,1 pp)
Asistencias     501 (1,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable
Adestrador

Royal Terence Ivey, nado o 20 de decembro de 1981 en Harlem, Nova York, é un ex-xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é adestrador asistente dos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na escola superior de Cardozo en Queens, Nova York. Logo diso xogou na Universidade de Texas en Austin. No Draft da NBA de 2004 foi elixido polos Atlanta Hawks na segunda rolda, no posto 37. O seu primeiro ano fixo 3,5 puntos en 62 xogos polos Hawks. Despois foi traspasado a Milwaukee Bucks e a Philadelphia 76ers.

En febreiro de 2010 volveu a Milwaukee Bucks xunto con Primož Brezec a cambio de Francisco Elson e Jodie Meeks.[1] Poucos meses despois, o 21 de xullo, asinou cos Oklahoma City Thunder.[2] Chegou cos Thunder ás Finais da NBA en 2012, pero perderon contra os Miami Heat.

O 27 de xullo de 2012, Ivey fichou outra vez cos Sixers.[3]

O 30 de setembro de 2013, asinou cos Atlanta Hawks,[4] pero foi cortado o 25 de outubro.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]