Joan Margarit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Joan Margarit i Consarnau»)
Infotaula de personaJoan Margarit

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata
Sanaüja, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Sant Just Desvern, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Linfoma Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaSant Just Desvern (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, poesía, arquitectura e tradución Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , tradutor , poeta , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMónica Margarit Ribalta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJoan Margarit i Serradell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjoanmargarit.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1989971 Editar o valor em Wikidata

Joan Margarit i Consarnau, nado en Sanaüja (Lleida) o 11 de maio de 1938 e finado en San Just Desvern o 16 de febreiro de 2021, foi un poeta, arquitecto e catedrático catalán xubilado da Universidade Politécnica de Cataluña na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Escribe tanto en catalán como en español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Joan Margarit naceu en Sanaüja, na comarca da Segarra, durante a guerra civil española cando a fronte de Aragón xa estaba cerca daquelas terras, fillo de Joan Margarit i Serradell, arquitecto, de Barcelona, e Trinitat Consarnau i Sabaté, mestra, de L'Ametlla de Mar.

Os seus pais casaron en xullo de 1936 en Barcelona, pero a Guerra Civil obrigounos a retirarse a Sanaüja, á casa da avoa paterna, onde naceu o poeta.

Acabada a guerra e até 1948, a familia cambiou varias veces de domicilio: Rubí, Figueres e Xirona. De retorno a Barcelona, a familia viviu diante do Turó Parc e Joan Margarit estudou bacharelato no Instituto Ausiàs March que daquela estaba na rúa de Muntaner.

En 1954 a familia trasladouse ás illas Canarias e, desde 1956, Margarit pasou os cursos académicos en Barcelona para estudar arquitectura, no Colexio Maior Sant Jordi, onde residiu até 1961. En 1962 coñeceu a Mariona Ribalta con quen casou ao ano seguinte, e coa que tivo tres fillas, Mònica, Anna e Joana, e un fillo, Carles.

Margarit deuse a coñecer como poeta en castelán en 1963 e en 1965. Despois dunha longa paréntese de dez anos, escribiu Crónica publicado polo seu amigo Joaquim Marco, director da colección “Ocnos”, de Barral Editores. A partir de 1980, iniciou a súa obra poética en catalán.

Desde 1975, Margarit e a súa familia viviron en Sant Just Desvern, onde tamén tiña o estudio de arquitectura que compartía con Carles Buxadé, amigo e socio, desde 1980. Desde 1968, Margarit era catedrático de Cálculo de estruturas da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.[1]

Definiuse como poeta bilingüe en castelán e catalán. Por outro lado, desdeñou as correntes poéticas e considerou que, fóra da poesía, o home se atopaba á intemperie, valorando o poeta como "o ser máis realista, o máis pragmático, porque bebe da realidade. O que non é pragmático é a economía".[1]

En 1987, con motivo do milenario de Sant Just Desvern, o Orfeón Enric Morera estreou a súa Cantata de Sant Just.

En xuño de 2008 foi galardoado co Premio Nacional de Literatura concedido pola Generalitat de Cataluña pola súa obra Casa de Misericòrdia.[2] En outubro do mesmo ano, pola mesma obra, recibiu o Premio Nacional de Poesía.[1]

En 2008 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[3]

No 2010 foi o encargado de ler o pregón das Festas da Mercè de Barcelona, onda falou de revisar as relacións de Cataluña con España.[4][5] Tamén foi o encargado de inaugurar o curso académico 2010-2011 da Universidade Pompeu Fabra (UPF).[6]

En 2019 foi galardoado co Premio Cervantes.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Libros de ensaio[editar | editar a fonte]

  • Nuevas cartas a un joven poeta. Barril & Barral, 2009.

Libros de poesía[editar | editar a fonte]

  • Cantos para la coral de un hombre solo. Barcelona: Editorial Vicens Vives. 1963. (Con prólogo de Camilo José Cela e ilustracións de Josep Maria Subirachs).
  • Crónica. Barcelona: Barral Editores. Col. Ocnos. 1975.
  • Predicación para un bárbaro. Barcelona: Editorial Prometeo. 1979.
  • L'ombra de l'altre mar. Barcelona: Edicions 62, 1981.
  • Vell malentès. Valencia: Eliseu Climent/3i4, 1981 (Premio Vicent Andrés Estellés de poesía).
  • El passat i la joia. Vic: Eumo, 1982.
  • Cants d'Hekatònim de Tifundis. Barcelona: La Gaia Ciència, 1982.
  • Raquel: la fosca melangia de Robinson Crusoe. Barcelona: Edicions 62, 1983.
  • L'ordre del temps. Barcelona: Edicions 62, 1985.
  • Mar d'hivern. Barcelona: Proa, 1986.
  • Cantata de Sant Just. Alacant: Institut d'Estudis Juan Gil-Albert, 1987.
  • La dona del navegant. Barcelona: La Magrana, 1987.
  • Llum de plua. Barcelona: Península, 1987.
  • Poema per a un fris. Barcelona: Escola d'Arquitectes de Barcelona, 1987.
  • Edat roja. Barcelona: Columna, 1990.
  • Els motius del llop. Barcelona: Columna, 1993.
  • Aiguaforts. Barcelona: Columna, 1995.
  • Remolcadors entre la boira. Argentona: L'Aixernador, 1995.
  • Estació de França. Madrid: Hiperión, 1999.
  • Poesía amorosa completa (1980-2000). Barcelona: Proa, 2001.
  • Joana. Barcelona: Proa, 2002.
  • El primer frío. Poesía 1975-1995. Madrid: Visor, 2004.
  • Cálculo de estructuras. Madrid: Visor, 2005. Tradución castelá.
  • Arquitecturas de la memoria. Ediciones Cátedra, 2006. Edición castelá.
  • Casa de misericordia. Madrid: Visor, 2007. Edición bilingüe castelán-catalán (Premio Nacional de Poesía 2008).
  • Barcelona amor final. Barcelona: Proa, 2007.
  • Misteriosamente feliz. Madrid: Visor, 2009.
  • Intemperie. Antología. Madrid: Ediciones Rilke, 2010. Edición bilingüe castelán-catalán.

Obra poética traducida[editar | editar a fonte]

  • Ao galego: El viatge de la vida. A viaxe da vida (2021). A Coruña: Medulia. Tradución de Luciano Rodríguez Gómez. 164 páxs. ISBN 978-84-123254-6-1.
  • Ao inglés: Tugs in the fog , versións de Anna Crowe (Bloodaxe Books, 2006)
  • Ao ruso: Llums dels instants (Universidade de San Petersburg, 2003)
  • Ao hebreo: Mai no m’he tingut per grec, versións de Shlomo Avayou (Keshev Publishing House, Tel Aviv, 2004)
  • Ao alemán: "Joana und andere Gedichte", tradución de Juana e Tobias Burghardt (Delta, Stuttgard, 2007)
  • Ao portugués: Casa da Misericórdia, tradución de Rita Custódio e Àlex Tarradellas (OVNI, Entroncamento, 2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Joan Margarit gana el premio Nacional de Poesía, El País, 7 de outubro de 2008. Consultado o 18 de xuño de 2012.
  2. "El poeta Joan Margarit gana el Premi Nacional de literatura". La Vanguardia (en castelán). 2008-06-30. Consultado o 2022-12-10. 
  3. "O reitor da USC preside o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro 2008 do PEN Club Galicia". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-01-10. 
  4. "Pregó de Joan Margarit" (PDF) (en catalán). 23 de setembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  5. BTV Notícies, ed. (23 de setembro de 2010). "El pregó de Joan Margarit crida a revisar les relacions amb Espanya" (en catalán). Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  6. UPF, ed. (27 de setembro de 2010). "Joan Margarit inaugura el curs acadèmic 2010-2011" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 18 de xuño de 2012. 
  7. "Joan Margarit, Premio Cervantes 2019". El País (en castelán). 14 de novembro de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]