Josep Maria Subirachs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Maria Subirachs Cruz de Sant Jordi 2007
JOSEP MARIA SUBIRACHS, ESCULPTOR (14953130084).jpg
Subirachs fotografado por Manel Armengol no seu estudio da Sagrada Familia (abril de 1987)
NomeJosep Maria Subirachs i Sitjar
Nacemento11 de marzo de 1927 e 1927
 Barcelona
Falecemento7 de abril de 2014
 Barcelona
NacionalidadeCatalán
FillosJudit Subirachs e Roger Subirachs i Burgaya
EidoPintura, escultura, gravado e escenografía
MovementoNovecentisme, expresionismo, abstracción, neofiguración
TraballosMonumento a Francesc Macià
Influenciado porEnric Casanovas, Josep Clarà, Aristide Maillol, Henry Moore, Leandre Cristòfol, Ángel Ferrant, Eudald Serra, Juli González, Pau Gargallo
PremiosMedalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes, Creu de Sant Jordi, Medalla de Ouro ó Mérito Artístico do Concello de Barcelona
Na rede
http://www.subirachs.cat
Monument a Narcís Monturiol - 004.jpg
editar datos en Wikidata ]

Josep Maria Subirachs i Sitjar, nado en Barcelona o 11 de marzo de 1927, e finado ibídem o 7 de abril de 2014, foi un escultor, pintor, gravador, escenógrafo e crítico de arte catalán. Foi un dos escultores contemporáneos con máis prestixio internacional, como se pode ver nos seus múltiples galardóns e recoñecementos, así como da presenza da súa obra en museos e lugares públicos de cidades de todo o mundo, mais principalmente Barcelona. Tamén participou nunha gran cantidade de exposicións tanto colectivas como individuais, en museos e galerías públicas e privadas.[1]

Artista polifacético, Subirachs destacou especialmente na escultura, pero tamén noutras técnicas como a pintura, o debuxo, o gravado, o cartel, o tapiz, a ilustración de libros, o deseño de xoias e o acuñamento de medallas. Tamén realizou escenografías para prestixiosas montaxes de obres de teatro e ballet. Exerceu de mestre de arte e, no eido teórico, como escritor e colaborador en revistas e xornais, crítico de arte e conferenciante en universidades e academias arredor do mundo. Na súa longa traxectoria pasou por varias fases —mediterránea, expresionista, abstracta, neofigurativa—, períodos sempre caracterizados polas formas xeométricas, as liñas rectas e angulosas e as texturas rugosas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Josep Maria Subirachs i Sitjar". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "Nota biogràfica". www.subirachs.cat. Consultado o 2021-05-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]