Holanda (rexión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a rexión dos Países Baixos, para ver os artigos sobre outros lugares con nomes homónimos véxase Holanda.
A antiga Holanda dentro dos actuais Países Baixos.

Holanda é unha rexión no centro-oeste dos Países Baixos. Foi un condado do Sacro Imperio Romano Xermánico e máis tarde a principal provincia da República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos (1581 - 1795).

Historia[editar | editar a fonte]

A provincia de Holanda era o centro cultural, político e económico das Provincias Unidas. As maiores cidades da República localizábanse en Holanda, tales como Amsterdam (a capital), Róterdam, Leiden, A Haia (a sede do goberno), Utrecht, Delft, Middelburg e Harlem. Das grandes cidades portuarias de Holanda, mercadores neerlandeses viaxaban de e para destinos en toda Europa, e os comerciantes europeos reuníanse para facer negocios nos almacéns de Ámsterdan e outras cidades holandesas. En consecuencia, moitos europeos oían falar das Provincias Unidas antes como "Holanda" do que como "Republiek der Zeven Verenigde Nederlanden". Esta tradición continúa ata hoxe.

Desta forma, aínda que isto sexa oficialmente incorrecto, a palabra "Holanda" (Holland) é frecuentemente usada tanto por falantes do neerlandés como por estranxeiros para denotar o conxunto dos Países Baixos, probabelmente porque "Os Países Baixos" (Nederland) é unha expresión máis longa.

Por un curto período (1806 - 1810), entre tanto, existiu o Reino Napoleónico da Holanda, que abranguía o conxunto dos Países Baixos.

División actual[editar | editar a fonte]

A área está hoxe dividida en dúas provincias: Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland), creadas en 1840.