María Amalia de Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Amalia de Saxonia
Raíña consorte de España
Raíña consorte de Nápoles e Sicilia
Maria Amalia of Saxony as Queen of Naples overlooking the Neapolitan crown by Giuseppe Bonito held at the Prado.png
Retrato de María Amalia de Saxonia
Museo do Prado, Madrid.
Raíña consorte de España
10 de agosto de 1759 - 27 de setembro de 1760
PredecesorBárbara de Braganza
SucesorMaría Luísa de Parma

Nome completoMaría Amalia Cristina Francisca Xaviera Flora Walburga
Nacemento24 de novembro de 1724
Palacio de Dresde,
Dresde, Flag of Electoral Saxony.svg Saxonia
Falecemento27 de setembro de 1760
Palacio del Buen Retiro, Madrid, Bandera de España 1760-1785.svg España
ConsorteCarlos III
Descendenciavéxase Descendencia
Casa realCasa de Wettin
ProxenitoresFederico Augusto II
María Xosefa de Austria

María Amalia de Saxonia, nada en Dresde o 24 de novembro de 1724 e finada en Madrid o 27 de setembro de 1760, foi raíña consorte de Nápoles e Sicilia (1737-1759) e de España (1759-1760), esposa de Carlos III.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Federico Augusto II, príncipe-elector de Saxonia e despois rei de Polonia e gran duque de Lituania (como Augusto III), e da arquiduquesa María Xosefa de Austria, filla de Xosé I, emperador do Sacro Imperio.

Con apenas catorce anos contraeu matrimonio con Carlos, daquela rei de Nápoles e Sicilia, que era o fillo primoxénito de Filipe V e a súa segunda esposa, Isabel de Farnesio. A pesar de que se trataba dun matrimonio concertado, Amalia e Carlos mantivéronse moi unidos, e o rei, ao enviuvar, non volveu casar.

A voda celebrouse por poderes no Palacio de Dresde, en Saxonia, o 9 de maio de 1738, e a celebración foi en Nápoles o 9 de xuño dese ano.[1] En 1759 faleceu o rei Fernando VI de España, irmán de Carlos, sen descendencia, e Amalia acompañou ao seu esposo a España para ocupar o trono. En setembro de 1760, apenas dous anos despois da súa chegada a España, María Amalia morreu causa dunha tuberculose (e despois de sobrevivir unha varíola. Carlos III expresou: "En 22 anos de matrimonio, este é o primeiro desgusto serio que me dá Amalia".[1]

Á raíña María Amalia débeselle a introdución en España do costume de colocar nas casas, por Nadal, un belén ou nacemento, de orixe napolitana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Zoomnews.es (15 de xuño de 2013). "Bodas reales con humor. Los Borbones. Sus anécdotas (II)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.
Predecesor:
Isabel de Brunswick
Raíña consorte de Nápoles e Sicilia
31 de outubro de 1737 - 10 de agosto de 1759
Coat of Arms of Maria Amalia of Saxony, Queen of Naples and Sicily.svg
Sucesor:
María Carolina de Austria
Predecesor:
Bárbara de Braganza
Raíña consorte de España
10 de agosto de 1759 - 27 de setembro de 1760
Coat of Arms of Maria Amalia of Saxony, Queen Consort of Spain.svg
Sucesor:
María Luísa de Parma