Leopoldo II de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo II de Habsburgo
Arquiduque de Austria
Gran Duque de Toscana
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
e Rei de Hungría e de Bohemia
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1790 - 1792
PredecesorXosé II
SucesorFrancisco II
Rei de Bohemia e Hungría
1790 - 1792
PredecesorXosé II
SucesorFrancisco II

Nacemento5 de maio de 1747
Viena
Falecemento1 de marzo de 1792
Viena
ConsorteMaría Luísa de Borbón
Descendenciavéxase Matrimonio e fillos
Casa realCasa de Habsburgo-Lorena

Escudo de Leopoldo II de Habsburgo
Na rede
WikiTree: Habsburg-Lothringen-7 Find a Grave: 6793005 Editar o valor em Wikidata

Leopoldo II de Habsburgo, nado en Viena o 5 de maio de 1747 de finado o 1 de marzo de 1792, foi arquiduque de Austria (desde o seu nacemento) e gran duque de Toscana (1765-1790), e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e rei de Hungría e de Bohemia (1790-1792) ao falecer o seu irmán Xosé II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leopoldo II (esquerda) co seu irmán Xosé II de Habsburgo, en 1769.

Leopoldo de Habsburgo-Lorena foi fillo dos emperadores María Tareixa I de Austria e Francisco I.

Durante o seu breve reinado sufocáronse as sublevacións que tiveron lugar en Hungría e a actual Bélxica. Asinou a paz de Sistova en 1791, que puxo fin ao conflito cos turcos, e acordou con Frederico Guillerme II de Prusia unha alianza contra a Francia revolucionaria. A posible expansión da revolución francesa resultaba para el unha dobre ameaza, no seu carácter de monarca absoluto e irmán de María Antonieta, raíña de Francia. A pesar diso, opúxose a unha intervención armada en Francia.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

María Luísa de Borbón, esposa de Leopoldo II, nun retrato de 1770 por Mengs.

Casou coa infanta María Luísa de Borbón (1745-1792), filla de Carlos III de España e María Amalia de Saxonia.Este matrimonio resultou ser sumamente prolífico, pois tiveron 16 fillos, dos cales 14 chegaron a nacer vivos e alcanzaron a madurez.

  • María Tareixa (1767-1827), casada con Antonio, Rei de Saxonia. Tivo catro fillos.
  • Francisco II (1768–1835), chegaría a ser Emperador de Austria. Tivo doce fillos.
  • Fernando III (1769–1824), Gran Duque de Toscana. Tivo seis fillos.
  • María Ana (1770-1809). Abadesa do convento teresiano de Praga. Non tivo descendencia.
  • Carlos (1771–1847), vencedor da Batalla de Aspern-Essling. Tivo sete fillos.
  • Alexandre Leopoldo (1772-1795), Nádor de Hungría. Morreu solteiro. Non tivo descendencia.
  • Alberte (1773-1774). Morreu na infancia.
  • Maximiliano (1774-1778). Morreu na infancia.
  • Xosé Antonio (1776–1847), casado con Alexandra Pavlovna Romanova, que sucedeu ao seu irmán como Nádor de Hungría. Tivo oito fillos.
  • María Clementina (1777–1801), contraeu matrimonio con Francisco, futuro Rei das Dúas Sicilias. Tivo dous fillos.
  • Antonio Vítor (1779-1835), brevemente Arcebispo-Elector de Colonia e despois Gran Mestre da Orde Teutónica. Sen descendencia.
  • María Amalia (1780-1798). Sen descendencia.
  • Xoán (1782–1859), o "Príncipe de Estiria". Tivo un fillo.
  • Raniero (1783–1853). Tivo oito fillos.
  • Luís (1784-1864). Tivo unha filla.
  • Rodolfo (1788–1831), Cardeal-Arcebispo de Olomouc, protector de Schüler e Beethoven. Sen descendencia.

Sucedeulle o seu fillo Francisco II, o último emperador do Sacro Imperio Romano e o primeiro de Austria, (Francisco I).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]