Maringá
Maringá é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada o 2010 era de 357.117 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Creada pola empresa Companhia de Melhoramentos do Norte do Paraná,[1] en 1947, Maringá foi elevada á categoría de municipio en 1951,[2] desmembrando-se de Mandaguari. Foi deseñada seguindo o principio de cidade xardín de Ebenezer Howard, medrou de forma acelerada nas décadas seguintes. A calidade de vida mantívose conservando áreas forestais como o Horto Florestal, o Parque dos Pioneiros e o Parque do Ingá.
Economía[editar | editar a fonte]
Maringá destaca na actualidade no sector comercio e nos servizos. A agricultura (café, soia) segue tendo certa importancia.
Rexión metropolitana[editar | editar a fonte]
A Região Metropolitana de Maringá foi instituída en 1998, cos municipios de Ângulo, Iguaraçu, Mandaguaçu, Mandaguari, Marialva, Maringá, Paiçandu e Sarandi. En 2005, incluíronse tamén Astorga, Doutor Camargo, Itambé, Ivatuba e Presidente Castelo Branco
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maringá ![]() |